Marta cibelina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Erro ortográfico corrigido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
Erro ortográfico corrigido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
Liña 63:
Os cregos de [[Bizancio]] xa usaban pel de marta cibelina nos seus rituais.<ref name="davey">''Furs and Fur Garments'' by Richard Davey, published by READ BOOKS, 2008, ISBN 1-4097-1942-1</ref>
 
En [[Inglaterra]], a marta cibelina era moi estimada. [[Henrique I de Inglaterra]] foi agasallado polo bispo de Lincoln cunha coroa de marta cibelina negra, que costou unha suma considerable naquel tempo.<ref name="friend"/> A pel de marta cibelina era a favorita de [[Henrique VIII de Inglaterra]], que unha vez recibiu cinco lotes de peles de marta cibelina do [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|emperador Carlos V]].<ref name="davey"/> O rei Henrique despois decretou que esta pel só a podían usar os nobres que estivesen por riba do rango de [[vizconde]].<ref>''A Cyclopedia of Commerce and Commercial Navigation'' de Isaac Smith Homans, publicada por Harper & Brothers, 1859</ref> Os conquistadores rusos de Siberia valoraban moito as peles de cibelina, e [[Iván IV de Rusia|Ivan Grozny]] unha vez demandou un tributo anual de 30.000 peles de cibelina aos recentemente conqistadosconquistados [[tártaros de Kazán]], aínda que estes nunca lle enviaron máis de mil, xa que Rusia naquel momento non podía forzar o pago do tributo porque estaba enleada en gueras contra Suecia e Polonia.<ref name="siberia">''The conquest of a continent: Siberia and the Russians'' de W. Bruce Lincoln, publicada por Cornell University Press, 2008, ISBN 0-8014-8922-9</ref> As peles máis fermosas obtíñanse en [[Irkutsk]], [[Kamchatka]] e [[Laponia (rexión)|Laponia]].
 
Segundo a ''Historia secreta dos mongois'', cando [[Genghis Khan]] casou coa súa primeira muller, [[Börte]] Ujin, a súa nai [[Hoelun]] recibiu un abrigo de marta cibelina dos pais da noiva, que se consideraba un nobre e útil regalo.<ref name="Dschingis Khan">''Dschingis Khan'', by Reinhold Neumann-Hoditz, published by Rowohlt Verlag GmbH, ISBN 90-5466-910-1</ref>