Coleópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 68:
=== Cretáceo ===
 
No [[Cretáceo]] produciuse a fragmentación da masa continental do sur ([[Gondwana]]), coa abertura do Atlántico sur e o illamento de [[Nova Zelandia]], mentres que Suramérica, a Antártida e Australia se afastaron máis.<ref name="insenc186"/> A diversidade de Cupedidae e [[Archostemata]] diminuíu considerablemente. Os escravellos de terra predadores (Carabidae) e os Staphylinidae empezaron a distribuírse en diferentes padróns; os [[Carabidae]] vivían predominantemente nas rexións cálidas, mentres que os [[Staphylinidae]] e [[Elateridae]] preferían climas temperados. Igualmente, as especies predadoras das familias [[Cleroidea]] e [[Cucujoidea]] cazaban as súas presas baixo a codia das árbores xunto cos Buprestidae. A diversidade de bupréstidos incrementouse rapidamente, xa que eran os consumidores primarios de madeira,<ref>{{Cita publicación periódica|title=New Jewel Beetles (Coleoptera: Buprestidae) from the Cretaceous of Russia, Kazakhstan, and Mongolia |journal=Paleontological Journal |year=2009 |volume=43 |issue=3 |pages=277–281 |url=http://fossilinsects.net/pdfs/Alexeev_2009_PalJ_BuprestidaeCretaceousRussiaKazakhstanMongolia.pdf |doi=10.1134/s0031030109030058 |last1=Alexeev |first1=A. V. |deadurl=yes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20110718202416/http://fossilinsects.net/pdfs/Alexeev_2009_PalJ_BuprestidaeCretaceousRussiaKazakhstanMongolia.pdf |archivedate=July 18, 2011 }}</ref> mentres que os Cerambycidae eran bastante raros: a súa diversidade só aumentou contra o final do Cretáceo superior.<ref name="evo"/> Os primeiros escaravellos coprófagos son do Cretáceo superior<ref>{{Cita publicación periódica |author1=Chin, K. |author2=Gill, B. D. |title=Dinosaurs, dung beetles, and conifers; participants in a Cretaceous food web |journal=Palaois |year=1996 |issue=3 |pages=280–285 |doi=10.2307/3515235 |volume=11|bibcode=1996Palai..11..280C }}</ref> e pode que viviran alimentándose dos excrementos dos [[dinosauro]]s herbívoros.<ref>{{Cita publicación periódica|author1=Arillo, Antonio |author2=Ortuño, Vicente M. |lastauthoramp=yes |year=2008 |title=Did dinosaurs have any relation with dung-beetles? (The origin of coprophagy) |journal=[[Journal of Natural History]] |volume=42 |issue=19&20 |pages=1405–1408 |doi=10.1080/00222930802105130}}</ref> Encóntranse agora as primeiras especies nas que as larvas e adultos están adaptados a un estilo de vida acuático. Os escaravellos [[Gyrinidae]] tiñan unha diversidade moderada, aínda que outros escaravellos iniciais dese tipo (por exemplo os [[Dytiscidae]]) eran menos diversos, e as máis estendidas eran as especies de [[Coptoclavidae]], que depredaban larvas de moscas acuáticas.<ref name="evo"/>
 
Moitos xacementos fósiles de todo o mundo conteñen coleópteros fósiles do Cretáceo. A maioría están en Europa e Asia e pertencen á zona de clima temperado durante o Cretáceo.<ref name="liaoning"/> Entre os xacementos do Cretáceo inferior están os estratos fósiles de Crato na cunca de Araripe en [[Ceará]], norte de Brasil, e tamén na formación Santana supraxacente; esta última estaba preto do ecuador daquela. En España, hai xacementos importantes preto de [[Serra del Montsec|Montsec]] e [[Las Hoyas]]. En Australia, os estratos fosilíferos de Koonwarra do grupo Korumburra, [[South Gippsland]], [[Victoria, Australia|Victoria]], son notables. Xacementos importantes do Cretáceo superior son os de [[Kzyl-Dzhar]] no sur de Casaquistán e [[Arkagala]] en Rusia.<ref name="evo"/>