Miles Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ampliouse a información da entrada, que aínda precisa ser completada.
m Corrixiuse erro de formato.
Liña 23:
Tamén é coñecido pola súas versións de cancións da música pop coma "[[Time after Time]]", de [[Cyndi Lauper]], e "[[Guinnevere]]", de David Crosby. Esta dedicación de Miles Davis á música popular acentuouse na que Joachim Berendt denominou "fase eléctrica", desde os seus álbumes ''In a Silent Way'' (1969) e ''Bitches Brew'' (1970) en diante:
 
"O solo pasa máis e máis a segundo termo, o grupo faise cada vez máis importante. O disco ''On the Corner'', aparecido en 1973, acentúa nunha medida polo de agora desoñecida en Miles Davis a percusividade da música. Esta percusividade [...] tamén é concesión intencionada ao mercado de discos da música negra. [...] A Miles importáballe acadar desa maneira un público de masas xuvenís como desde [[Louis Armstrong]] non o lograra ningún outro músico negro de jazz. [...] O electrizante éxito do 'Miles eléctrico' fixo que o mundo do rock e do pop quixesen acaparar para si a Miles Davis. Miles opúxose [...]: 'Non quero ser home branco. Rock é palabra do home branco.' " <ref>{{Cita libro|título=El jazz. Del Rag al Rock|apelidos=Berendt|nome=Joachim Ernst|editorial=Fondo de Cultura Económica|ano=1976|ISBN=|serie=Popular|lugar=México, D. F.|páxinas=149-150|ref=}}</ref>
 
Esta relación de Miles Davis coa denominada música ''groove'' <ref>{{Cita novas|data=2017-02-08|xornal=euseino.org|título=“As posibilidades emancipatorias da música groove” [1], por Steven Shaviro|url=https://euseino.org/2017/02/08/as-posibilidades-emancipatorias-da-musica-groove-1-por-steven-shaviro/|lingua=gl-ES|data-acceso=2018-07-13}}</ref> volvería situar o debate musical na relación entre a música contemporánea e a música denominada popular; na defensa desta última e os criterios empregados para xebrala da música composta ou interpretada con fins exclusivamente mercantís.