Coleópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 368:
Moitos séculos despois o escarabeo pasou a ter un valor simbólico no [[cristianismo]] [[copto]]. Como os antigos exipcios considerábano un exemplo da vida eterna, ao supoñeren erradamente que 'resucitaba' da bóla de excrementos que facía, situaban sobre o corazón das [[momia]]s unha imitación do escaravello. Posteriormente o cristianismo copto asimilou [[sincretismo|sincreticamente]] aspectos da relixión precedente, e, ademais de adoptar a [[cruz ansada]], tamén adoptou -como alegoría- o escarabeo, asimilándoo metaforicamente a [[Xesucristo]], que tamén resucitara, ao que chamaban "O Bo Escaravello", por iso nalgúns textos de [[Agostiño de Hipona]] e posteriores poden encontrarse expresións como "bonus scarabæus" en referencia a Cristo.
 
[[Plinio o Vello]] trata dos escaravellos na súa ''[[Historia Natural (Plinio)|Historia Natural]]'',<ref name='PlinyXI'>{{Cita web |url=http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.02.0137%3Abook%3D11%3Achapter%3D1 |title=''Natural History'' Book 11 |author=[[Pliny the Elder]] |publisher=Perseus.tufts.edu |accessdate=2017-01-25}}</ref> describindo a [[Lucanus cervus|vacaloura]]: "Algúns insectos, para a conservación das súas ás, están cubertos cun erusto ([[élitro]]s) – o escaravello, por exemplo, cuxas ás son peculiarmente finas e fráxiles. A estes insectos a Natureza negoulle ter un aguillón; pero nunha gran clase deles encontramos que teñen cornos de singular lonxitude, con dous dentes nos extremos, formando pinzas, que o animal pecha cando ten a intención de trabar."<ref name='PlinyXI Book34'>{{Cita web |url=http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.02.0137%3Abook%3D11%3Achapter%3D34 |title=''Natural History'' Book 11, Chapter 34 |author=[[Pliny the Elder]] |publisher=Perseus.tufts.edu |accessdate=2017-01-25}}</ref><ref name='Beavis'>{{Cita libro |author=Beavis, I. C. |date=1988 |title=Insects and other Invertebrates in Classical Antiquity |publisher=[[University of Exeter]] |pages=153–154}}</ref> A vacaloura aparece nun mito grego de [[Nicander de Colofón|Nicander]] lembrado por [[Antonino Liberalis]] no cal [[Cerambus]]{{efn|O xénero de escaravellos ''[[Cerambyx]]'' foi nomeado porasí en referencia a el.}} é convertido en escaravello: "Pode verse sobre troncos e ten dentes ganchudos, movendo sempre as súas mandíbulas á vez. É negro, longo e ten ás duras como o gran escaravello peloteiro".<ref>[[Antonino Liberalis]]. Metamorphoses. Trans. Celoria, F. 1992. ''The Metamorphoses of Antoninus Liberalis: A translation with a commentary''. London and New York, Routledge.</ref> A historia conclúe co comentario de que os escaravellos eran usados como xoguetes polos rapaces, e que lle quitaban a cabeza e usábana como un colgante.<ref name='Beavis'/><ref>{{Cita publicación periódica |last=Sprecher-Uebersax |first=E. |date=2008 |title=The Stag Beetle Lucanus Cervus (Coleoptera, Lucanidae) in Art and Mythology |journal=Revue d' Ecologie |volume=63 |pages=145–151}}</ref>
 
=== Etnografía galega ===