Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 50:
* Novembro 2007 - maio de 2011 [[Dominique Strauss-Kahn]], Francia
* Xuño de 2011 - actualidade [[Christine Lagarde]]
 
== Rexurdimento ==
No cume do [[G20]] de 2009, o Fondo Monetario Internacional cuadriplicaba a súa capacidade financeira a mil millóns de dólares. Ademais encargóuselle supervisar se os países estimulaban suficientemente as súas economías e se estaban a reformar os seus sistemas regulatorios, ademais de alertar sobre os problemas financeiros.<ref>[http://online.wsj.com/public/article/SB123871642273284707.html#mod=2_1362_leftbox L'FMI és el gran triomfador de la cimera], 7 de abril de 2009, Bob Davis [[The Wall Street Journal]]</ref> Preto de 500.000 millóns de dólares serían destinados a rescatar as economías en problemas<ref name="momoelf30/04"> [http://online.wsj.com/public/article/SB124078751931757381.html#mod=2_1362_leftbox Juntament amb nous recursos, el FMI assumeix més riscos polítics], 30 de abril de 2009, Bob Davis [[The Wall Street Journal]]</ref> e o organismo dispón dunha liña de crédito que non esixe ós debedores levar a cabo reformas económicas impopulares,<ref name="momoelf30/04"/> como a redución do gasto fiscal, aínda que só algúns países poden optar a este tipo de crédito.<ref name="momoelf30/04"/> Para os outros países, o fondo obrigará a que se reduzan os gastos fiscais ou se eleven as taxas de interese aínda que tratará de protexer os programas para os máis pobres.<ref name="momoelf30/04"/>
 
En marzo de 2008 as accións con dereito a voto dos países en desenvolvemento ó Fondo Monetario Internacional crecerían en 5,4 puntos porcentuais. Para Brasil, isto significa un 1,7%. A participación da China é de 3,8%. Estes aumentos marxinais aínda non se fixeron efectivos.<ref>[http://online.wsj.com/public/article/SB124078794793157387.html#mod=2_1362_leftbox Els països BRIC busquen més influència], 30 de abril de 2009, Bob Davis [[The Wall Street Journal]]</ref> Durante a reunión do Fondo Monetario Internacional en abril, os países encargáronlle a misión de combater a recesión global e impedir que se producisen novas recesións.<ref name="momoelf30/04"/> Por iso último, levouse a cabo unha proba do sistema de advertencia temperá, dando advertencias e ditando políticas ós países de maneira privada.<ref name="momoelf30/04"/>
 
=== Reformas ===
* Modernizar as condicións: as condicións dos préstamos serán obxectivos precisos e os criterios de execución estrutural eliminaranse de tódolos programas.<ref name="FMI24/05"/>
* Liña de Crédito Flexible: para países con fundamentos políticos e económicos sólidos. Non están suxeitos ós obxectivos de políticas acordados polo país, os seus prazos de reembolso son de 3 anos e medio a 5, son renovables e son para o uso da balanza de pagos e continxencias.<ref name="FMI24/05"/>
* Fortalecer os acordos stand-by: con maior flexibilidade.<ref name="FMI24/05"/>
* Duplicación dos límites do acceso ó financiamento: os novos límites anuais e acumulativos de acceso ó financiamento non concesionario do FMI son de 200% e 600% da cota, respectivamente.<ref name="FMI24/05"> [http://www.imf.org/external/spanish/pubs/ft/survey/so/2009/new032409as.pdf ''El FMI reestructura sus mecanismos de crédito para ayudar a los países a afrontar la crisis''], 2009</ref>
* Simplificar os custos e vencementos<ref name="FMI24/05"/>
* Simplificar os servizos: eliminaranse os servizos pouco utilizados que serán incluídos nas LCF (liñas de crédito flexible).<ref name="FMI24/05"/>
* Reforma dos servizos para os países de baixos ingresos.<ref name="FMI24/05"/>
 
== Críticas á acción do FMI ==