Diferenzas entre revisións de «Glicosaminoglicano»

sen resumo de edición
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda)
O aminoazucre dos glicosaminoglicanos pode ser D-[[glicosamina]] ou D-[[galactosamina]], e nel o grupo amino está normalmente [[acetilación|acetilado]] coa fin de eliminar a súa carga eléctrica positiva, pero tamén pode levar un grupo [[sulfato]] no [[carbono]] 4 ou 6 ou nun nitróxeno non acetilado. Os máis habituais son a [[N-acetilglicosamina]] ou a [[N-acetilgalactosamina]]. O azucre ácido do glicosaminoglicano pode ser un ácido D-[[ácido glicurónico|glicurónico]] ou ben L-[[ácido idurónico|idurónico]], agás no [[queratán sulfato]], no que o normal é que haxa unha [[galactosa]]. Cada monosacárido está unido ao seguinte por un [[enlace glicosídico]] de diversos tipos segundo o glicosaminoglicano de que se trate (enlaces alfa ou beta, enlaces 1-3 ou 1-4 etc.). Este tipo de conformación confire resistencia á estrutura. Adoitan ter uns 300 residuos de azucre, que colgan das proteínas ás que están unidos, menos o ácido hialurónico, que ten varios miles <ref>{{cita libro| autor =Champe, PC; Harvey, RA y Ferrier, DR: | título =Biochemistry | ano =2004 | editor = Lippincott Williams & Wilkins| id =ISBN 0-7817-2265-9}}</ref>.
A presenza dos grupos sulfato e [[carboxilo]] destes azucres dálles aos glicosaminoglicanos unha intensa carga negativa, que atrae catións e proteínas da matriz e fainos moi hidrófilos, polo que tenden a formar xeles na [[matriz extracelular]]. Esta intensa hidratación dálle á matriz resistencia á compresión. Como estes xeles son moi porosos, permiten a rápida difusión de moléculas hidrosolubles, a [[migración celular|migración de células]] e o desenvolvemento dos procesos celulares. A rixidez das cadeas de glicosaminoglicanos fai que non se enrolen globularmente, senón que adoptan conformacións moi extendidasestendidas enroladas ao chou, que ocupan un grande volume, enchendo a matriz extracelular.
 
== Localización ==
283.976

edicións