Coleópteros: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 21:
}}
Os '''coleópteros'''<ref>{{DRAG|coleópteros}}</ref> ('''Coleoptera''') son un grupo de [[insectos]] que constitúen unha [[orde (bioloxía)|orde]] dentro da superorde [[Endopterygota]]. Moitos deles reciben o nome de '''escaravellos'''<ref>{{DRAG|escaravello}}</ref>, que se usa ás veces como termo xeral,<ref name="escaravello">Dicionario Digalego [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=26615&opcion=entrada&entrada=escaravello escaravello]</ref> pero outros teñen outros nomes específicos como [[gurgullo (insecto)|gurgullos]], [[vagalume]]s, [[traza|couzas da madeira]], [[
Os coleópteros teñen un [[exoesqueleto]] especialmente duro, incluíndo os élitros, aínda que algúns, como os [[estafilínidos]] teñen élitros moi curtos, e os [[meloidos]] teñen élitros brandos. A anatomía xeral dun coleóptero é bastante uniforme e típica dos insectos, aínda que hai varios exemplos novidosos, como as [[adaptación biolóxica|adaptacións]] que se observan nos [[escaravello acuático|escaravellos acuáticos]], que atrapan burbullas de aire baixo os élitros para usalo mentres están mergullados. Os coleópteros son [[Endopterygota|endopterigotos]], o cal significa que sofren unha [[metamorfose]] completa, experimentando unha serie de cambios ben aparentes e relativamente abruptos na estrutura corporal entre a eclosión do ovo e a etapa adulta, despois de pasaren por unha fase [[pupa]]l relativamente inmóbil. Algúns, como os [[lucánidos]] (por exemplo as vacalouras), teñen un marcado [[dimorfismo sexual]], os machos posúen [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]] enormemente agrandadas que utilizan para loitar con outros machos. Moitos coleópteros son [[aposematismo|aposemáticos]], polo que teñen cores rechamantes e padróns de coloración de advertencia da súa [[toxicidade]], mentres que outros son [[mimetismo batesiano|imitadores batesianos]] inofensivos de ditos insectos. Moitos coleópteros, incluíndo os que viven en lugares areosos, teñen [[camuflaxe]]s efectivas.
|