Diferenzas entre revisións de «Banco Santander»

sen resumo de edición
É a orixe dunha das empresas multinacionais máis importantes de España<ref>{{Cita novas|autor=|data=30-11-2017|xornal=[[La Vanguardia]]|título=El Santander, elegido mejor banco del mundo|url=http://www.lavanguardia.com/economia/20171130/433307564523/santander-mejor-banco-mundo.html|lingua=castelán|data-acceso=13-3-2018}}</ref> tras o éxito e absorción de distintos bancos nacionais e estranxeiros, o [[Grupo Santander]] está formado principalmente polo ''Banco Santander Central Hispano (BSCH)'', creado en [[1999]] tras a fusión co Banco Central Hispanoamericano (BCH).
 
Foi banco emisor de papel moeda ata [[1874]], ano no que, polas medidas adoptadas polo ministro de Economía, [[José Echegaray]], dita actividade quedou reservada ao [[Banco de España]] en exclusividade. O Banco de Santander aceptou naquel momento a oferta de permanecer como banco comercial. [[Emilio Botín López]] foi o primeiro membro desta familia que chegou a presidente en [[1909]], bisavó da actual presidenta do Grupo Santander [[Emilio Botín-Sanz de Sautuola y García de los Ríos|Ana Patricia Botín]]. En [[1994]] adquiriu o Banco Español de Crédito ([[Banesto]]).
 
O [[10 de marzo]] de [[2007]] o banco celebro o seu 150 aniversario cunha reunión de 1&nbsp;300 directivos do banco en 22 países e o recibimento da [[Medalla de Ouro de Cantabria]].
Usuario anónimo