Diferenzas entre revisións de «Fondo Monetario Internacional»

→‎Notas: +trad. es.wiki
(→‎Notas: +trad. es.wiki)
 
Esta análise económica confirmouse seis días despois do comezo das revoltas en [[Bengasi]] que significaron o comezo da [[Guerra de Libia de 2011|Guerra de Libia]] o 15 de febreiro de 2011. Un informe do FMI encomiaba a boa xestión económica da Libia do coronel Qadafi, animábao a "continuar mellorando a economía", mencionando o seu "ambicioso programa de reformas".<ref>[http://www.imf.org/external/np/sec/pn/2011/pn1123.htm Rapport du FMI]</ref>
 
== Servizos financeiros do FMI ==
* Os acordos de dereito de xiro forman o núcleo da política de crédito do FMI. Un acordo de dereito de xiro ofrece a seguridade ao país membro de que poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de 12 a 18 meses, para facer fronte a un problema de balanza de pagos a curto prazo.
 
* Servizo ampliado do FMI. O apoio do FMI a un país membro ao amparo do servizo ampliado do FMI ofrece a seguridade de que o país membro poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de tres a catro anos, para axudar a solucionar problemas económicos de tipo estrutural que estean a causar graves deficiencias na balanza de pagos.
 
* Servizo para o crecemento e a loita contra a pobreza (substituíu ao servizo reforzado de axuste estrutural en novembro de 1999). Un servizo no que se cobran taxas de interese baixas para axudar aos países membros máis pobres que enfrontan problemas persistentes de balanza de pagos. O custo que pagan os prestatarios está subvencionado cos recursos obtidos da venda de ouro propiedade do FMI, máis préstamos e doazóns que os países membros conceden ao FMI con ese fin.
 
* Servizo de complementación de reservas. Ofrece aos países membros financiamento adicional a curto prazo se experimentan dificultades excepcionais de balanza de pagos debido a unha perda súbita e ameazadora de confianza do mercado que conduza a unha saída de capital. A taxa de interese para os préstamos en virtude deste servizo leva asociada unha recarga sobre o nivel habitual do crédito do FMI.
 
* Asistencia de emerxencia. Proceso aberto en 1962 para axudar aos países membros a superar os problemas de balanza de pagos debidos a catástrofes naturais repentinas e imprevisibles; o servizo ampliouse en 1995 para ter en conta certas situacións xurdidas nun país membro tras un conflito que alterase a súa capacidade institucional e administrativa.
 
==Notas==
92.801

edicións