Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 67:
* Decreto de aplicación do Código de Xustiza militar ás milicias populares (29 de setembro).
 
Cando a guerra se empeza a prolongar, o espírito dos primeiros días de revolución afrouxa e comeza a fricción entre os moi diversos integrantes da Fronte Popular Antifascista, en parte debida ás políticas do Partido Comunista, establecidas desde o ministerio de exterior da [[Unión Soviética]] [[Stalin|estalinista]],<ref>Lluís aPerarnau. maior''España fontetraicionada deStalin axuday estranxeirala paraGuerra unhaCivil''. República[http://www.fundacionfedericoengels.org/index.php/marxismo-hoy/no11-antonio-gramsci-y-la-revolucion-italiana/153-espana-traicionada-stalin-y-la-guerra-civil]</ref><ref>Juan queManuel nesesVera. momentos''Estalinismo comezabay aantiestalinismo relevantarseen e que necesitaba imperiosamente da mesma.España''
[http://www.fundanin.org/vera1.htm]</ref> a maior fonte de axuda estranxeira para unha República que neses momentos comezaba a relevantarse e que necesitaba imperiosamente da mesma.
 
A política comunista proclamaba que a guerra civil en proceso non era o momento adecuado para a revolución e que ata que non se gañase a guerra, a derrota das forzas de [[Francisco Franco|Franco]] debía ser o principal obxectivo, e non a abolición do [[capitalismo]], o que se pospuña á fin da guerra. Os anarquistas e [[trotskismo|trotskistas]] estiveron fortemente en desacordo con isto, ó entender a maioría deles a guerra e a revolución como unha prolongación a unha da outra. Ás [[milicia]]s dos partidos e grupos que se situaran en contra da posición soviética pronto se lles obstaculizou desde o Estado a axuda e recursos, vendo así estes reducida a súa capacidade de actuación, a causa do cal na maioría das áreas republicanas comezaron lentamente a reverterse os recentes cambios realizados.
Liña 73 ⟶ 74:
Durante este período algunhas estruturas revolucionarias aproban novos programas de acción que subordinan ó Goberno, o que dá lugar á disolución ou inicio de absorción, apropiación e intervención das estruturas revolucionarias por parte do goberno estatal republicano.
 
Unha excepción constituíuna a consolidación do proceso colectivista en Aragón, onde chegaron miles de milicianos libertarios de Valencia e Cataluña, onde xa antes do inicio da guerra civil existía a máis importante base obreira anarcosindicalista afiliada á CNT de toda España. A asemblea convocada en [[Bujalaroz]] nas semanas finais de setembro de 1936 polo Comité Rexional da CNT de Aragón, con delegacións das vilas e as [[Milicias confederais|columnas confederais]], seguindo as directivas propostas o 15 de setembro de 1936 en Madrid polo Pleno Nacional de Rexionais da CNT, de propor a tódolos sectores políticos e sindicais a formación de Consellos Rexionais de Defensa vinculados federativamente a un Consello Nacional de Defensa que faría as funcións do goberno central, acorda a creación do [[Consello Rexional de Defensa de Aragón]], que celebra a súa primeira asemblea o 15 de outubro do mesmo ano.{{Harvnp|Peirats|1971|p=211}}
 
Malia todo, o 26 de setembro os sectores máis radicais e anarquistas (CNT-FAI) de Cataluña, finalmente dominados polos posibilistas, inician unha política de colaboración co Estado, integrándose no goberno autonómico da [[Generalitat de Cataluña]], que renace fronte ó [[Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña]], autodisolto o 1 de outubro. Por outra parte o [[Consejo Regional de Defensa de Aragón]] é legalizado e regulado o 6 de outubro por decreto. Tamén se regulará o proposto Consello Nacional de Defensa, abortando o seu desenvolvemento. Fronte a esta aparente tolerancia, un decreto da Generalitat ilegaliza o 9 de outubro tódolos Comités locais en Cataluña, substituíndoos formalmente por Consellos Municipais da FPA.{{Harvnp|Ferrán Gallego|2017|p=367}}
 
=== Terceira fase da Revolución (novembro 1936-xaneiro 1937): ''Segundo Goberno da Vitoria'' ===