Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 77:
Malia todo, o 26 de setembro os sectores máis radicais e anarquistas (CNT-FAI) de Cataluña, finalmente dominados polos posibilistas, inician unha política de colaboración co Estado, integrándose no goberno autonómico da [[Generalitat de Cataluña]], que renace fronte ó [[Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña]], autodisolto o 1 de outubro. Por outra parte o [[Consejo Regional de Defensa de Aragón]] é legalizado e regulado o 6 de outubro por decreto. Tamén se regulará o proposto Consello Nacional de Defensa, abortando o seu desenvolvemento. Fronte a esta aparente tolerancia, un decreto da Generalitat ilegaliza o 9 de outubro tódolos Comités locais en Cataluña, substituíndoos formalmente por Consellos Municipais da FPA.
 
=== Terceira fase da Revolución (novembro 1936-xaneiro 1937): ''Segundo GobiernoGoberno deda la VictoriaVitoria'' ===
O 2 de novembro o [[Comité Executivo Popular de Valencia]] aproba un novo programa de acción que o subordina á política do Goberno da República (segundo gabinete de Largo Caballero o 4 de novembro), no que se integran como ministros [[Joan García Oliver]], [[Joan López]], [[Federica Montseny]] e [[Joan Peiró]], membros destacados da CNT. Durante este mes, a Columna de Hierro decide tomar brevemente Valencia, en protesta pola escaseza de aprovisionamentos que lle proporciona o Comité Executivo Popular, en mans dos posibilistas, producíndose posteriormente enfrontamentos polas rúas da cidade entre milicias libertarias e grupos comunistas, cun saldo de máis de 30 mortos.