Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 8:
Os sindicatos CNT e UXT convocan unha [[folga xeral]] do 19 ó 23 de xullo como resposta tanto á sublevación militar como á aparente apatía do Estado fronte á mesma. Malia que xa existían antecedentes puntuais en días anteriores de distribución de armas entre sectores civís, é durante a folga xeral cando grupos de sindicalistas vinculados ós sindicatos convocantes e a grupos menores, asaltan moitos dos depósitos de armas das forzas da orde, independentemente de que estean sublevados contra o Goberno ou non. Xa nestas primeiras semanas se establecen dous matices entre os sectores revolucionarios anarcosindicalistas: o grupo radical, vinculado fundamentalmente á [[FAI]] e, a través dela, á CNT, aínda que tamén participen outras organizacións menores, que entende o fenómeno do que participa como unha [[revolución]] á usanza tradicional; e o grupo [[Posibilismo libertario|posibilista]], formado tamén por membros doutro sector da CNT (e outros grupos revolucionarios máis moderados), que expresa a conveniencia de participar nunha fronte máis ampla, a posteriormente chamada '''Fronte Popular Antifascista''' (FPA), resultado de sumar os sindicatos á coalición electoral da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]].
 
[[Ficheiro:CNT Emblem.svg|thumb|Emblema da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]].]]
Paralelamente, xorde a formación de estruturas administrativas á marxe do Estado, a maioría delas de carácter local ou comarcal, superando en casos puntuais estes límites; algunhas das máis importantes serán:
* [[Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña]]