Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
(* da > de la (en expresións en francés).)
Por outra banda, Lenin e Trotski, fascinados polo [[dirixismo]] económico militarizado establecido polo [[Estado Maior]] de [[Reino de Prusia|Prusia]] en Alemaña, desexando devolver aos obreiros ao traballo seguindo métodos similares, co obxectivo de poder ter as cousas de face ante unha hipotética [[contrarrevolución]].<ref>Nicolas Werth comenta: « Étant donné le retard économique de la Russie, le passage économique au communisme ne se fera pas, contrairement aux prévisions de Marx, par le "dépérissement" de l’État, mais au contraire, par le contrôle étatique sur toutes les sphères de l’économie.» Histoire de l’Union soviétique de Lénine à Staline, PUF, coll. « Que sais-je?», 1998, p. 17. Il ajoute que les Bolcheviks n’avaient pas de programme économique précis, s’inspirant dès lors de l’exemple allemand, et que dans l’état où ils trouvent l’industrie, l’autogestion eût été catastrophique.</ref> Porén, moitos traballadores non querían renunciar ás súas conquistas e volver aos enormes esforzos esixidos polo autoritarismo e a guerra. A coerción sobre eles converteuse en inevitable.<ref>[[Boris Souvarine]], ''Staline. Aperçu historique du bolchevisme'', Plon, 1935, sobre os primeiros días do réxime.</ref>
 
A situación estábase deteriorando drasticamente, provocando nuns meses a práctica desaparición de toda actividade económica no país. En xaneiro de 1918, a ración media de [[Triticum|trigo]] nas grandes cidades correspondía a tres [[Libra (unidade de masa)|libras]] por mes. As empresas deberon pechar, os obreiros non atopaban o suficiente para comer, bandas de saqueadores vagaban polo campo en busca de alimentos e destacamentos de desertores enfrontábanse ao exército.
 
=== Bolxeviques e campesiños: do malentendido ao conflito ===
104.224

edicións