Fuerteventura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
MPF (conversa | contribucións)
Liña 67:
O [[voitre branco]] é a única especie de voitre que habita nas [[Canarias]] e está considerada como [[especie en perigo de extinción|especie en extinción]] segundo o [[Catálogo de Especies Ameazadas de Canarias]]. Actualmente calcúlase que a súa poboación rolda os 150 individuos en Fuerteventura e unha parella en [[Lanzarote]]. Na actualidade hai en marcha un Proxecto Life da [[Unión Europea]] co obxectivo de conservar esta ave. Para iso preténdense eliminar no posible os perigos que a ameazan, que basicamente son as liñas de alta tensión, o envelenamiento polo chumbo dos perdigóns utilizados para cazar e as molestias ocasionadas polo turismo. Tamén se pretende vixiar as áreas de nidificación para evitar mortes prematuras dos polos e a creación de comedeiros controlados a fin de que non lles falte alimento. O custo total do proxecto ascende a 829.937,00 , dos cales, LIFE achegará 414.968,00 ata [[2008]]
 
[[Ficheiro:Calonectris_diomedea_Anillado_de_pardelasCalonectris borealis Anillado de pardelas, Fuerteventura.jpg|miniatura|dereita|200 px|Anelado de pardelas en [[Puerto del Rosario]] durante a campaña de rescate o ano 2000]]
O caso da pardela tamén é especial. A pardela cincenta (Calonectris diomedea), que é unha das dúas subespecies de pardela máis comúns en [[Canarias]], é unha ave migratoria cun ciclo de vida non moi longo, que se reproduce unha vez ao ano, pondo unicamente un ovo cada vez. Entre mediados de outubro e novembro, os polos adoitan abandonar os niños, resultando moi vulnerables nese momento. Ademais, no seu primeiro voo cara ao mar, poden desorientarse pola [[contaminación lumínica]], podendo chocar con gran cantidade de obstáculos. Esta subespecie de pardela é unha ave protexida de interese científico polo que anualmente, leva a cabo unha campaña de rescate na que interveñen tanto as autoridades locais como a [[Garda Civil]].