Sempre Xonxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Produción: Cambiei Santa Olaia de Valdeorras por Santoalla
Liña 52:
 
== Produción ==
O guión de ''Sempre Xonxa'' coñeceu o seu primeiro bosquexo xa a finais de 1985, antes incluso da rodaxe de ''Esperanza''. A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu [[Forcarei]] natal e nas aldeas de [[Rubillón, Baíste, Avión|Rubillón]] e [[Baíste, Baíste, Avión|Baíste]] ([[Avión]]), nas que gravou ''Mamasunción''. Tivo ata nove versións antes do guión definitivo en 1988. Entre versión e versión, Chano Piñeiro comezou a buscar as localizacións do filme. Atopounas en Santa[[Santoalla, OlaiaSantoalla dedo ValdeorrasMonte, Petín|Santoalla]].<ref>{{cite news|url=http://praza.gal/cultura/17110/lsantoallar-o-documental-que-conta-en-clave-de-lthrillerr-o-homicidio-de-martin-venfondern/|title=‘Santoalla’, o documental que conta en clave de ‘thriller’ o homicidio de Martin Venfondern|last=Yáñez|first=María|date=10 de xullo de 2018|publisher=Praza Pública|accessdate=11 July 2018}}</ref> Esta aldea sería a vila de Trasdomonte na ficción.
 
A rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos, demorouse durante ano e medio. Polo camiño, esgotou as finanzas e a saúde do seu director. Foi estreada en 1989, acadando un gran éxito nos cines de Galicia. No resto de España pasou completamente desapercibida, o cal é facilmente comprensible debido á súa temática centrada na [[emigración]] e no mundo rural galego. A nivel internacional gañou diversos premios e tivo unha certa vida comercial especialmente en países onde a emigración galega tiña certa presenza.