Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse contido, coa súa nota xustificativa.
Liña 169:
=== O período de axitación política ===
[[Ficheiro:Decline of the antoninianus.jpg|miniatura|580px|A progresiva perda de valor do [[antoniniano]].]]
Co paso do tempo, a desvalorización da moeda foi cada vez máis rápida. Baixo [[Septimio Severo]], a lei do denario baixou do 70 % ao 50 % de prata. Cara a [[215]], [[Caracalla]], que precisaba diñeiro para o pagamento da milicia, á que lle aumentara o soldo, estableceu unha nova moeda denominada [[antoniniano]], co valor de dous denarios, aínda que só pesaba a metade dun denario e apenas contaba cun 50 % de prata. Esta nova moeda recoñécese pola coroa de raios sobre o busto do emperador e, no caso das emperatrices, pola media lúa sobre a que se sustenta o busto.<ref>"[http://www.andonio.it/monrom/cabezas.htm#radiada Cabezas coronadas]". En ''Edouardlouvet: Monedas Romanas.''</ref> Cara a esta época tamén aparece, fugazmente e con escaso éxito, o [[dobre sestercio]], para substituír o sestercio tradicional moi desvalorizado.<ref>"Doble sestercio". En ''[https://www.tesorillo.com/roma/1tipos.htm#D Algunos tipos de monedas antiguas]. www.tesorillo.com''.</ref>
 
O denario deixou de usarse definitivamente e tamén o antoniniano foi debilitando a súa proporción de metal nobre ata a súa progresiva desaparición. Coa anarquía militar do [[século III]], a multiplicación dos obradoiros monetarios ao longo e ancho do Imperio e a inestabilidade política, o sistema monetario entrou en caída libre.