Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran |
||
Liña 3:
A '''biotecnoloxía'''<ref>{{DRAG|biotecnoloxía}}</ref> é a [[tecnoloxía]] baseada na [[bioloxía]], especialmente usada en [[agricultura]], [[farmacia]], [[ciencia dos alimentos]], [[ciencias forestais]] e [[medicina]]. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinario que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, [[bioquímica]], [[xenética]], [[viroloxía]], [[agronomía]], enxeñería, física, química, medicina e veterinaria entre outras. Ten gran repercusión na farmacia, a medicina, a [[microbioloxía]], a ciencia dos alimentos, a [[minería]] e a agricultura entre outros campos.
Probablemente o primeiro que usou este término foi o [[enxeñeiro]] [[Hungría|húngaro]] [[Karl Ereki]], en [[1919]], quen a introduciu no seu libro ''Biotechnologie der Fleisch-, Fett- und Milcherzeugung im landwirtschaftlichen Grossbetriebe'' (''Biotecnoloxía na produción cárnica e láctea dunha
Segundo o [[Convenio sobre Diversidade Biolóxica]] de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como "toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos".<ref>Artígo 2 de [http://www.cinu.org.mx/eventos/conferencias/johannesburgo/documentos/convencion%20sobre%20diversidad%20biologica.pdf Convenio sobre diversidad biológica]. Secretaría del Convenio sobre la Diversidad Biológica. Río de Janeiro, 1992. {{es}}</ref><ref name="FAO biotec">[http://www.fao.org/biotech/es/ La biotecnología en la alimentación y la agricultura] [[FAO]] {{es}}</ref>
Liña 38:
* '''[[Biotecnoloxía branca]]''': Tamén coñecida como '''biotecnoloxía gris''' ou '''biotecnoloxía industrial''' é a biotecnoloxía aplicada aos procesos [[industria]]is. Un exemplo é o deseño dun organismo para producir un composto químico. Outro exemplo é a utilización de enzimas como [[catalizador]] industrial tanto para producir produtos químicos prezados ou para destruír produtos perigosos ou contaminantes. A biotecnoloxía branca tende a consumir menos en recursos que os procesos tradicionais cando é empregada para producir bens industriais.
* '''[[Biotecnoloxía verde]]''': É a biotecnoloxía aplicada aos procesos [[agricultura|agrícolas]]. Un exemplo sería a selección e domesticación de plantas a través da [[micropropagación]]. Outro exemplo é o deseño dun organismo [[transxénico]] para crecer baixo condicións ambientais específicas ou en presenza (ou ausencia) de certas sustancias químicas. É tarefa desta biotecnoloxía facer máis compatible a explotación agrícola e protexer e conservar o [[ambiente]]. Actualmente, hai moito debate ao redor de plantas transxénicas concretas relacionadas con este campo.
* '''[[Bioinformática]]''': É un campo interdisciplinario que intenta resolver problemas biolóxicos mediante técnicas computacionales facendo posible unha rápida organización e análise dos datos biolóxicos. Este campo tamén pode recibir o nome de '''bioloxía computacional''', e que pode ser definida como a conceptualización da bioloxía en termos de moléculas e a aplicación de técnicas informáticas para entender e organizar a
* '''[[Bioenxeñaría]]''': A enxeñaría biolóxica ou bioenxeñaría é unha rama da enxeñaría que se centra na biotecnoloxía e nas ciencias biolóxicas. Inclúe diferentes disciplinas, como a enxeñaría bioquímica, a enxeñaría biomédica, a enxeñaría de procesos biolóxicos, a enxeñaría de biosistemas, etc. Trátase dun enfoque integrado dos fundamentos das ciencias biolóxicas e os principios tradicionais da enxeñaría. Os bioenxeñeiros a miúdo traballan escalando procesos biolóxicos de laboratorio a tamaños de produción industrial. Doutra banda, a miúdo atenden problemas de xestión, económicos e xurídicos. Hai un crecente número de empresas de biotecnoloxía e moitas universidades de todo o mundo proporcionan programas en bioenxeñaría e biotecnoloxía de forma independente.
* '''[[Bioremediación]] e [[biodegradación]]''': A bioremediación é o proceso polo cal son utilizados microorganismos para limpar un lugar contaminado. Os procesos biolóxicos teñen un papel importante na eliminación de contaminantes e a biotecnoloxía aproveita a versatilidade de [[catabolismo]] dos microorganismos para degradar e converter estes compostos. No ámbito da microbioloxía ambiental, os estudos baseados no xenoma abren novos campos de procura ''in silico'' ampliando o panorama das redes metabólicas e a súa regulación, así como pistas sobre as vías moleculares dos procesos de degradación e as estratexias de adaptación ás cambiantes condicións ambientais. Os enfoques da xenómica funcional e metaxenómicas aumentan a comprensión das diferentes vías de regulación e das redes de fluxo do carbono en ambientes non habituais e por compostos particulares, que sen dúbida aceleran o desenvolvemento de tecnoloxías de bioremediación e os procesos de biotransformación.<ref name=Diaz>{{cita libro|autor = Diaz E (editor)|título = Microbial Biodegradation: Genomics and Molecular Biology|edición=1a ed.|editorial = Caister Academic Press|ano= 2008|url = http://www.horizonpress.com/biod|isbn=978-1-904455-17-2}}</ref> As contornas mariñas son especialmente vulnerables, posto que os derramamentos de petróleo en rexións costeiras e en mar aberto son difíciles de conter e os seus danos difíciles de mitigar. Ademais da contaminación a través das actividades humanas, millóns de toneladas de [[petróleo]] entran nos [[ecosistema]]s mariños a través de filtracións naturais. Todo e a súa toxicidade, unha considerable fracción do petróleo que entra nos sistemas mariños elimínase pola actividade de degradación de hidrocarburos levada a cabo por comunidades microbianas, en particular, polas chamadas bacterias hidrocarbonoclásticas (HCB).<ref name=chapter9>{{cita libro|urlcapítulo = http://www.horizonpress.com/biod|autor=Martins VAP et al|ano=2008|capítulo=Genomic Insights into Oil Biodegradation in Marine Systems|título=Microbial Biodegradation: Genomics and Molecular Biology|editorial=Caister Academic Press|isbn=978-1-904455-17-2}}</ref> Ademais varios microorganismos como ''[[Pseudomonas]]'', ''[[Flavobacterium]]'', ''[[Arthrobacter]]'' e ''[[Azotobacter]]'' poden ser utilizados para degradar petróleo.<ref>{{cita web|apelido=Harder |nome= E |url = http://www.virtualsciencefair.org/2004/hard4e0/public_html/backres.html|título = The Effects of Essential Elements on Bioremediation |dataacceso = 16/11/2007}}</ref> O derramamento do barco petroleiro [[Exxon Valdez]] en [[Alasca]] en 1989 foi o primeiro caso en que se utilizou bioremediación a
* O termo '''[[biotecnoloxía azul]]''' foi tamén empregado para describir as aplicacións mariñas e acuáticas da biotecnoloxía, pero o seu uso é relativamente estraño.
* Ao investimento e o gasto económico en todos estes tipos de aplicacións da biotecnoloxía foille aplicado o termo de '''[[bioeconomía]]'''.
|