Cruceiro lixeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeira Guerra Mundial: Arranxos varios, replaced: custe → custo (2)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 11:
Cara a [[Primeira Guerra Mundial]] os cruceiros lixeiros británicos adoitaban levar dous canóns de 6 polgadas (152&nbsp;mm) e talvez oito de 4 polgadas (100&nbsp;mm), ou un armamento uniforme de canóns de 6 polgadas nun barco dunhas 5.000 toneladas, mentres que os alemáns pasaron durante a guerra dos canóns de 4,1 polgadas (105&nbsp;mm) aos de 5,9 (150&nbsp;mm). A construción de cruceiros no [[Reino Unido]] continuou ininterrompidamente ata que o nomeamento do almirante [[John Fisher|"Jacky" Fisher]] como [[Primeiro Lord de Mar]] en [[1904]]. Debido en parte ao desexo de reducir o exceso de gastos polo aumento dos custos de manter o ritmo de produción naval alemá e tamén por sentir que ese tipo de barco era anticuado, Fisher autorizou poucos cruceiros novos e desguazou 70 vellos. A crenza de Fisher de que os [[cruceiro de batalla|cruceiros de batalla]] substituirían aos cruceiros lixeiros para protexer a navegación comercial ao pouco tempo demostrou ser impracticable, xa que os seus altos custos de construción impedían a súa dispoñibilidade nun número suficiente como para facelo, e os [[destrutor]]es eran demasiado pequenos para tarefas de exploración. O grupo de 21 cruceiros da [[clase Town]] comezou en [[1910]] a demostrar as súas excelentes habilidades para a exploración en todo tipo de condicións meteorolóxicas e podían levar o suficiente combustible e munición para protexer as rutas comerciais. A [[clase Arethusa]], aparecida tres anos despois, tamén foi un éxito. Os deseñadores británicos continuaron ampliando e refinando os deseños de cruceiros durante a guerra.<ref>Conroy's, p. 2.</ref>
[[Ficheiro:SMS Bremen 1907.jpg|miniatura|esquerda|SMS ''Bremen''.]]
Os alemáns fabricaron un bo número de cruceiros lixeiros coa crenza de que eran bos buques multi-propósito. Eran máis grandes, máis lentos e menos manobrables que os homólogos británicos pero, a través dunha sucesiva serie de clases, melloraron considerablemente as súas capacidades de navegación. Porén, estes adaptaron moi tarde os canóns de 5,9 polgadas (150&nbsp;mm) aos cruceiros (coa [[clase Pillau]] de [[1913]]); a obstinación do [[GranGrande Almirante]] [[Alfred von Tirpitz]] sobre o tema silenciou a opinión doutros oficiais da armada alemá. Completaron os dous últimos cruceiros da [[clase Bremen]] en [[1906]] e [[1907]], e seguíronlle catro clase [[Königsbergs]] e dous [[Dresdens]] entre [[1905]] e [[1908]]. Estas últimas dúas clases, máis rápidas e grandes que os Bremen, estaban armadas cos mesmos 10 canóns de 4,1 polgadas (104&nbsp;mm) e levaban menos blindaxe na cuberta.
 
Outras potencias principais concentráronse na construción de [[acoirazado]]s e produciron poucos cruceiros.<ref>Conway's, p. 152-3; Osborne, p. 73-5.</ref>