Edicións do Cumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 10:
No seu comezo centrou a súa actividade na edición xeral de libros, en especial literatura infantil e xuvenil ("curuxa" e "gaivota"), narrativa para adultos, da que destaca a colección da novela policial "cómplice" e material complementario de ensino ("guías de lectura", "criterio", "manuais" etc). En 1994 comezou a súa actividade musical, nun principio baixo a dirección de Suso Vaamonde, e logo de Cándido Meixide. O [[Folclore|folk]] (Treixadura e Liorna), o [[Rock alternativo|rock]] (Túzaros e Xenreira), e a música tradicional (Pallamallada, Xistra e Ultreia), foron os estilos máis destacados, aínda que tamén atendeu ás chamadas novas músicas (Tangata e Emilio Rúa). Unha das súas especializacións é a [[cartografía]] e a publicación de guías turísticas, como mapas de Galicia, de comarcas e de espazos naturais, planos de vilas e cidades, e guías de interese turístico e cultural ("Cidades", "Castros", "Fervenzas" e "Naturguías"). A partir de 1998, a editorial comezou unha nova liña de produción que denominou "multimedia", coa elaboración [[CD-ROM]] ademais, o seu catálogo achega tamén importantes series de traballos en CD e DVD que recollen unha boa parte da música galega gravada.
 
No 1999 publicou o primeiro dicionario electrónico da lingua galega, ademais dun corrector ortográfico. Entre as súas producións destacan os audio-libros infantís, os xogos didácticos e diferentes de lingua galega.
 
Mantén un criterio aberto nas súas liñas de produción, que vai desde o libro e outros materiais complementarios do proceso educativo até o xogo didáctico, da cartografía ao audio-libro do produto cultural en soportes multimedia ata o libro ilustrado infantil e xuvenil. Desde 2017 até 2013 o director foi Manuel Villegas Belmonte (1961-2018). O seu derradeiro director é Xosé María Argibay Torres.
 
Unha das grandes colaboracións que impulsou a creación desta editorial foi [[Hércules de Ediciones]], con sede na Coruña. Esta empresa editorial foi fundada en 1985 coa vontade de impulsar en Galicia proxectos editoriais de gran tamaño. Fundamentalmente dedicada á venda de libro a creto, para a que produce obras como o [[Proxecto Galicia]]. Nos últimos tempos deriva a súa oferta á publicación de libro ilustrado para a súa comercialización e librerías. Promoveu unha fundación que leva o nome do seu editor, Francisco Rodríguez Iglesias.
Liña 24:
Por outra banda, no xénero do ensaio salienta ''A poesía de Eduardo Pondal'', ''Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego'' ou a obra ''Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos'', que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con [[Rosalía]].
 
Na categoría de dicionarios, podemos diferenciar entre os bilingües como ''Dicionario Bilingüe Cumio'', con máis de 75.000 entradas de dobre versión: entrada castelán e saída galego, e entrada galego e saída castelán, tamén editado na versión de peto; ou outros monolingües como o ''Gran Dicionario Cumio da lingua galega'' con máis de 13.000 entradas.
 
No apartado de guías e mapas distinguimos entre Guías Cumio: Paseando por..., que pretenden acompañar ao visitante no seu percorrido polos monumentos e polas rúas das cidades, e Guías Cumio: Descubrir...que son guías das principais cidades e vilas galegas que se editan en varias linguas e conteñen numerosa información gráfica (fotos, mapas, planos...) actualizada. Con referencia aos mapas, encontramos unha gran variedade de cartografías orientadas ao emprego escolar.
 
Dentro do xénero infantil salientan os contos de cartón como "O gato con botas" ou "O osiño Boris".
 
Edicións do Cumio caracterízase por posuír unha gran liña multimedia, ofrecendo diversos grupos musicais, corais e bandas, principalmente de folclore tradicional galego; exemplo disto están os grupos como Banda artística de Merza, Banda Unión musical de Valadares, [[Coral Casablanca]] ou [[Banda de Música Municipal de Celanova]], con temas de autores galegos e internacionais.
 
==Notas==