Mensajes de poesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro imaxe suxeita a dereitos de autoría
m Arranxos varios
Liña 1:
{{título en cursiva}}
{{Revista}}
'''''Mensajes de poesía''''' foi unha publicación mensual que apareceu en [[Vigo]] entre setembro de 1948 e xaneiro de 1952. Fundada, dirixida, redactada, editada e distribuída por [[Eduardo Moreiras]], non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos.
 
De edición modesta e coidada, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Alonso Montero|nome=Xesús|data=1992|título=A fermosa empresa de "Mensajes de poesía": Homenaxe a Eduardo Moreiras. Nordés|PMC=|revista=Nordés|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=139-140|número=17-18}}</ref> Entre os seus colaboradores figuraban [[Vicente Aleixandre]], impulsor da revista, [[Luis Cernuda]], [[Blas de Otero]], [[Rafael Alberti]] ou [[Juan Ramón Jiménez]], e os autores galegos [[Álvaro Cunqueiro]], [[Luz Pozo Garza]], [[Luis Pimentel]], e de xeito ocasional, [[Ricardo Carballo Calero]], [[Ánxel Fole]] ou [[Celso Emilio Ferreiro]]. A revista publicou catro monográficos, dedicados a [[Rafael Morales]], Álvaro Cunqueiro, [[Carmen Conde]] e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.
Liña 12:
Non se sabe con precisión cantas entregas apareceron nin se ten noticia de que se conserve unha colección completa de ''Mensajes''. Existe constancia de que saíron polo menos corenta entregas e catro monográficos sobre lírica galega e castelá contemporánea.
 
Posúen un valor especial as páxinas galegas nun tempo de escasa actividade literaria na lingua vernácula: aí están os poemas de [[Emilio Álvarez Blázquez]] (que se estrea como poeta en galego mediante Mensajes de Poesía), [[Ricardo Carballo Calero]], [[Aquilino Iglesia Alvariño]], [[Celso Emilio Ferreiro]], [[Julio Singüenza]], [[Pura Vázquez]], [[Luz Pozo Garza]], porén, a achega máis cuantiosa e a de Cunqueiro. Cabe mencionar a poesía de [[Ánxel Fole]], nunha faceta súa pouco coñecida, e a de [[Luis Pimentel]], en castelán.
 
Ocasionalmente publicáronse versos noutras linguas, como “Poèmes de Buchenwald”, de Richard, ou “Ballade” de [[Paul Chandel]].
 
=== Monográficos ===
O primeiro número monográfico viu a luz en setembro de 1948 e o último, sobre Blas de Otero, poeta cuxas opinións inquietaban os guardiáns da orde intelectual, a comezos de 1952.
 
Trinta anos despois do seu cesamento, o seu director relataba con precisión o episodio final: un policía comunicaralle que chegara a fin da súa empresa, alegando como argumentos principais os poemas “A la inmensa mayoría” e “Plañid así”. Pese a que Carmen Conde, daquela moi relacionada co alto cargo do Ministerio de Información Juan Aparicio, lle garantiu a continuidade da revista se cubría certo cuestionario oficial, declinou a proposta.
 
Gardou Moreiras deses anos un extenso e rico epistolario firmado por Vicente Aleixandre, animador constante de Mensajes de Poesía e persoa clave na realización de bastantes números, xa que foi el quen o puxo en contacto con poetas non galegos. Nas súas cartas hai xuízos moi eloxiosos, incluso sobre a dimensión material daqueles fermosos e coidados cadernos; recoñeceu Moreiras que neste aspecto se inspirou en Sucesión, de Juan Ramón Jiménez, se ben este só editaba textos da súa autoría.