Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

 
* Entendo que son 3 000 euros ou unha cantidade semellante. É boa mágoa que non teñamos aínda unha Asociación independente e 100 % de noso ([[Usaurio:Elisardojm|Elisardo]], ti que tes boa man xestora, xa estás tardando...). O que expón Estevo acerca de tramitalo a través de Wikimedia España a min paréceme razoable e acaído; amais, de primeiras, non lle vexo moita alternativa real. Se Wikipedia España acepta ser a receptora e custodiar os cartos para a Galipedia (que entendo que si), o cortés, en efecto, sería ofrecerlles coorganizar as actividades, que, en todo caso, como ben explica Estevo, terán sempre como plataforma gl.wiki. E grazas a quen vos ocupades destas leas. Saúdos. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 9 de xullo de 2018 ás 17:58 (UTC)
 
* Nin con un pau. Hai que manterse o máis afastado posible de wikipedia españa. Os proxectos NON son compatibles. Evidentemente dende galipedia as miras son outras e as formas tamén. [[User:Nemigo|Nemigo]] [[File:Bandeira galega civil.svg|20px]] 9 de xullo de 2018 ás 18:58 (UTC)
944

edicións