Lingua friulana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4611672 de 81.173.177.130 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 31:
 
== Historia ==
As orixes da lingua friulana son bastante escuras. O grangrande acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos [[Roma Antiga|romanos]], que no [[-181|181 a.C.]] fundaron a primeira colonia no Friuli, Aquilea. Establecéronse sobre un substrato lingüístico precedente, formado no seu maior parte pola lingua celta dos ''Carni''. A súa influencia sobre o latín de Aquileia é controvertida, pois nos epígrafes e inscricións da época só se achan modificacións a elementos fonéticos e morfosintácticos, comúns tamén a outras partes do imperio. A día de hoxe, as pegadas celtas máis evidentes áchanse na toponimia (topónimos acabados en ''-acco'' ou en ''-icco'', por exemplo), mentres que no léxico parece que o compoñente cárnico é pouco relevante, tal como o compoñente xermánico, provocado pola entrada en Italia dos [[longobardo]]s. Estas informacións levaron a algúns estudosos a supor que o friulano sexa consecuencia das migracións de poboacións do imperio, obrigadas a abandonar as rexións orientais como [[Panonia]] por mor da presión dos bárbaros. É interesante tamén o feito de que diferentes estudosos, baseándose nas inscricións achadas, argumentan que o límite oriental de penetración da poboación e a lingua dos [[véneto]]s foi o río [[río Livenza|Livenza]] (na época ''Liquentia''), que aínda en épocas recentes delimitou o límite lingüístico entre o friulano e o veneciano (hoxe en parte desprazada cara ao leste). Isto fai supor que a diferenciación entre as falas destas rexións sexa antiga.
 
Porén, alcanzouse certo consenso acerca do período de formación do friulano, que remonta ao ano [[1000]], contemporaneamente a outras linguas romances derivadas do [[latín vulgar]]. Os primeiros termos en friulano aparecen en actas administrativas do [[século XIII]], pero só a partir do [[século XIV]] os documentos se fan máis numerosos e, ademais dalgún documento comercial, aparecen os primeiros testemuños literarios, como os ''Frammenti letterari'', todos orixinarios de [[Cividale]], que xa se consolidou como centro do Friuli.
Liña 51:
|}</center>
 
Hai poucas diferenzas nas primeiras dúas filas, o que demostra que non houbo unha grangrande evolución na lingua excepto en varias palabras que xa non se usan (por exemplo, ''dum(n) o'', que significa "neno" e que en tempos pasados se usába moito). Un falante de friulano dos nosos días pode entender estes textos con pouca dificultade. O segundo período importante para a literatura friulana foi o [[século XVI]]. O autor principal deste período foi [[Ermes dei Colorêt]], que compuxo ao redor de 200 poemas.
 
== Estado actual ==