Lombardía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 59:
Entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]] diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en [[Mantua]] e os Sforza en [[Milán]]. Os representantes destes nobres chamaron aos artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriqueceuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milán. Dende a fin do [[século XV]] a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os [[Francia|franceses]], sendo cedida despois aos [[España|españois]] que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro período de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no [[século XVII]] pola epidemia da peste.
 
En [[1706]] foi herdada polos [[Imperio Austríaco|austríacos]], aínda que case un século despois foron expulsados por [[Napoleón Bonaparte]], que dominou a rexión durante vinte anos. Despois da caída de [[Napoleón]], en [[1815]] restabeleceuse o goberno austríaco, na forma de estado-títere chamado Reino de Lombardía-Venecia. Por mor do Movemento de Independencia Lombardo (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Movimento d'Independenza Lombarda'') a rexión converteuse nun dos centros intelectuais que conducen á unificación italiana, sendo a rexión foi o centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en [[1859]], cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]]. A partir de finais do [[século XIX]], e cun grangrande auxe despois da [[Segunda Guerra Mundial]], Lombardía confirmou o seu status como a zona economicamente máis desenvolvida de Italia.
 
== Demografía ==
Liña 119:
== Economía ==
[[Ficheiro:Galleria Vittorio Emanuele II (Milan).jpg|miniatura|Galería Vittorio Emanuele II, coñecida zona comercial de [[Milán]].]]
Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada, provendo esta imaxe ven da revolución industrial, que se produce na Lombardía no [[século XIX]] e que se incrementa co grangrande auxe económico da posguerra. Así pois é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da [[Unión Europea]]. O [[PIB]] lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como [[Arabia Saudita]], [[Noruega]], [[Suráfrica]], [[Arxentina]] ou [[Portugal]].
 
A economía lombarda caracterízase polo desenvolvemento dunha ampla variedade de sectores, dende os máis tradicionais como a agricultura ou a gandería á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte auxe nas últimas décadas. A industria florece en múltiples sectores, particularmente, nas áreas metal-mecánica, electrónica, siderúrxica, téxtil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, editorial, do calzado e mobiliaria. Destacar que Milán é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario é importante o peso do comercio e das finanzas, en Milán ten a súa sede a [[Bolsa de valores|Bolsa]] italiana, que está entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milán (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Fiera di Milano''). O turismo, xa sexa urbano, artístico, ou de montaña e lagos, ten un peso cada vez maior.