Gottfried Wilhelm Leibniz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 41:
Na capital [[Francia|francesa]] desenvolveu unha ampla labor intelectual, na que destaca a invención da súa máquina de calcular capaz de realizar operacións de multiplicación, división e extracción de raices cadradas, así coma a elaboración das bases do cálculo infinitesimal, este modelo superou ao que fora creado por [[Blaise Pascal|Pascal]]. Presentou este invento en encontros da [[Royal Society]] en [[Londres]], sendo elixido membro estranxeiro da Sociedade antes da súa volta a [[París]] en [[1673]].
 
En [[1676]] foi nomeado bibliotecario do [[Duque de Hannover]], de quen tamén sería conselleiro e historiador da casa ducal. Trala morte da duquesa Sofía Carlota en [[1705]], ca que entablara unha grangrande amizade, o seu papel coma conselleiro foi decaendo adicando os seus últimos anos á súa tarefa de historiador e á redacción das súas obras filosóficas máis importantes, que se publicaron postumamente.
 
== O seu legado ==