Diferenzas entre revisións de «George Harrison»

→‎1990-2000: texto traducido desde a wiki .es:George_Harrison#1990-2000
m (arranxiño)
(→‎1990-2000: texto traducido desde a wiki .es:George_Harrison#1990-2000)
 
A comezos de 1989, George Harrison, Lynne e Starr participaron na gravación do tema "I Won't Back Down", de [[Tom Petty]], onde George toca a guitarra eléctrica. Ese mesmo ano ten lugar a publicación do segundo recompilatorio da carreira musical de Harrison, ''[[Best of Dark Horse 1976-1989]]'', cos éxitos da súa etapa baixo o selo [[Dark Horse Records]]. o álbum inclúe dous temas gravados para a ocasión, "Poor Little Girl" e "Cockamamie Business", así como o tema da banda sonora ''[[Arma Letal 2|Lethal Weapon 2]]'' " Cheer Down".
=== 1990-2001 ===
 
O primeiro ano da nova década vería a luz o segundo álbum de [[Traveling Wilburys]], ''[[Traveling Wilburys Vol.3]]'', a pesar da morte de [[Roy Orbison]] en 1988. Como substituto, o grupo pensara en [[Del Shannon]], pero en febreiro de 1990 o músico suicidaríase, truncando os plans dos demais compoñentes.
 
En 1991, Harrison emprendeu por [[Xapón]] e xunto a [[Eric Clapton]] a súa primeira xira desde 1974 chamada [[George Harrison–Eric Clapton 1991 Japan Tour]], aínda que aínda tiña en mente o agre recordo daquel momento. Tras unha ducia de concertos, en 1992 vería a luz o álbum ''[[Live in Japan (álbum de George Harrison)|Live in Japan]]'', acreditado a George Harrison, Eric Clapton & Band. En outubro do mesmo ano, Harrison participaría no concerto tributo a [[Bob Dylan]] no [[Madison Square Garden]] de [[Nova York]] interpretando tres cancións: "[[If Not for You]]", "[[Absolutely Sweet Marie]]" e "[[My Back Pages]]".
 
Entre 1994 e 1996, emprendeu xunto a [[Paul McCartney]] e [[Ringo Starr]] o proxecto ''[[The Beatles Anthology|Anthology]]'', incluíndo a gravación de dúas novas cancións de [[The Beatles]] a partir de [[Demo (música)|demos]] caseiros de mediados dos 70 onde [[John Lennon]] tocaba o piano e cantaba. Así mesmo, o proxecto incluía un percorrido visual pola carreira musical do grupo, con entrevistas aos tres membros sobreviventes. En 1996, gravaría e produciría xunto a [[Carl Perkins]] o tema " Distance Makes Non Difference With Love" para o seu álbum '' Go-Cat-Go''.
 
A última aparición de Harrison en televisión tería lugar en 1997 para a promoción de ''Chants of india'', unha colaboración xunto ao seu amigo e músico hindú [[Ravi Shankar (músico)|Ravi Shankar]]. No programa, Harrison interpretou, despois de que un membro do público pedíselle unha "canción de The Beatles" e el respondese "'creo que non coñezo ningunha", " All Things Must Pass" e a futura " Any Road", canción que aparecería en 2002 no seu álbum póstumo ''[[Brainwashed]]''.
 
En xaneiro de 1998, Harrison asistiría ao funeral do seu ídolo de mocidade, [[Carl Perkins]], en [[Jackson, Mississippi|Jackson]], [[Tennessee]], onde interpretou unha versión da canción " Your True Love" durante a cerimonia.
 
A mediados dos 90, e debido en parte á súa condición de [[Tabaquismo|fumador]], Harrison librou unha batalla contra o [[cancro]], sendo eliminado en sucesivas operacións primeiro da boca e posteriormente do pulmón.
 
O [[30 de decembro]] de [[1999]], Harrison viviu unha secuela do asasinato de [[John Lennon]] ao sobrevivir a un ataque de navalla na súa propia mansión de Henley-on-Thames, propiciado por un intruso. Harrison e a súa muller, Olivia, enfrontáronse ao intruso e reducírono para posteriormente ser trasladado a dependencias policiais pola autoridade. Michael Abram, de 35 anos, declarou que estaba posuído polo espírito de Harrison e que era unha misión concedida por Deus o matarlle. Máis tarde foi trasladado a un sanatorio mental. Tras o suceso, Harrison quedou relativamente traumatizado e limitou aínda máis as súas aparicións públicas. En [[2002]] concedéuselle a Abram [[liberdade condicional]] autorizada polo Tribunal de Revisión da Saúde Mental.<ref>http://www.dailymail.co.uk/news/article-126416/George-Harrisons-attacker-freed.html</ref>
 
En 2001, Harrison apareceu como convidado no álbum ''Zoom'' de [[Electric Light Orchestra]], tocou a steel guitar nas cancións "Love Letters" para [[Bill Wyman's Rhythm Kings]], remasterizou e restaurou cancións de [[Traveling Wilburys]] e compuxo unha nova canción, "Horse To The Water". A canción, que sería a súa última publicación en vida, foi gravada o [[2 de outubro]], dous meses antes da súa morte, e apareceu no álbum ''Small World, Big Band'' de [[Jools Holland]].
 
== Notas ==
102.381

edicións