Douglas C-47 Skytrain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 18:
 
O '''Douglas C-47 Skytrain''' ou '''Dakota''' (designación da [[Royal Air Force|RAF]]) é un avión militar de transporte desenvolvido a partir do avión de pasaxeiros civil [[Douglas DC-3]]. Foi usado estensamente polos Aliados durante a [[segunda guerra mundial]] e aínda está en servizo activo con varias forzas aéreas hoxe en día.
 
== Deseño e desenvolvemento ==
O C-47 diferenciase do DC-3 civil en numerosas modificacións, como unha porta de carga, un chan reforzado, puntos de anclaxe para un elevador, un cono de cola máis curto para grilletes de remolque para planeadores, e un astrodomo no teito da cabina.<ref>Parker 2013, pp. 37, 39, 45-47</ref><ref>{{cita libro |apelidos=Wilson |nome=Stewart |título=Aircraft of WWII |ano=1998 |editor=Aerospace Publications Pty Ltd. |localización=Fyshwick |isbn=1-875671-35-8 |editor=Aerospace Publications Pty Ltd.}}</ref>
 
O especializado C-53 Skytrooper de transporte de tropas comezou a fabricarse en outubro de [[1941]] na planta de Douglas Aircraft en [[Santa Monica, California]]. Esta variante carecía da porta de carga, puntos de anclaxe do elevador e chan reforzado do C-47. Só se fabricaron 380 unidades en total, xa que se demostrou que o C-47 era máis versátil.
 
Durante a [[segunda guerra mundial]], as forzas armadas de moitos países usaron o C-47 e DC-3 modificados para o transporte de tropas, carga e feridos. A designación para a Armada estadounidense foi R4D. En total fabricáronse máis de 10 000 avións nas fábricas de [[Long Beach]], Santa Monica e [[Oklahoma City]]. Entre marzo de [[1943]] e agosto de [[1945]] a planta de Oklahoma City fabricou 5 354 C-47.<ref name="Parker 2013, pp. 13, 35, 37, 39, 45-47">Parker 2013, pp. 13, 35, 37, 39, 45-47</ref><ref>Herman 2012, pp. 202-203, 227</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Bibliografía ==
* Herman, Arthur. ''Freedom's Forge: How American Business Produced Victory in World War II''. Nova York: Random House, 2012. {{ISBN|978-1-4000-6964-4}}.
* Parker, Dana T. ''Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II''. Cypress, California: Dana Parker Enterprises, 2013. {{ISBN|978-0-9897906-0-4}}.
 
[[Categoría:Aeronaves de Douglas]]