Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 94:
A obra de Copérnico estimulou unha corrente de observacións astronómicas en toda Europa. Este novo auxe da astronomía e as observacións frutificou nos traballos de [[Tycho Brahe]] (1546-1601) e [[Johannes Kepler]] (1571-1630) a cerca da posición do planeta Marte, a reinterpretación dos movementos dos planetas e a demostración de que o Sol ocupaba un dos focos da órbita elíptica (non circular) de Marte.
 
Importantes foron as achegas do inglés [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] (1561-1626 e o francés [[René Descartes]] (1596-1650), que mantiveron unha interesante polémica sobre o [[método científico]]. Bacon rexeitou o emprego das matemáticas e propugnou abertamente o [[Empirismo|método empírico]]. Pola contra, Descates formulou un sistema segundo o cal todo proceso natural se reduce a un proceso físico, todo o físico a algo mecánico, e todo o mecánico ao matemático.
 
Os científicos anteriormente citados sentaron as bases dos descubrimentos que se fixeron xa no século XVII grazas ao [[telescopio]]. [[Galileo Galilei]] (1564-1642) foi o primeiro que empregou este instrumento, desenvolvendo un [[telescopio|anteollo]] con capacidade de observación astronómica co que observou ''sombras'' no Sol e mais na Lúa, as fases de Venus e descubriu os catro satélites maiores de [[Xúpiter]], demostrando deste xeito que existen corpos celestes que non xiran ao redor do Sol. No entanto, as súas investigacións foron acollidas con grande hostilidade, especialmente pola [[Igrexa católica|Igrexa]], o que lle valeu un proceso -e unha condena, pese a súa retractación- perante o Tribunal do [[Santo Oficio]] ([[Inquisición]]).