Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Liña 106:
 
[[Ficheiro:Cornelia50.jpg|miniatura|160x160px|[[Bigato]] coa cabeza de [[Marte (deus)|Marte]] no anverso e a Vitoria conducindo a biga no reverso]]
Durante o século II a. C. emitiuse un tipo específico de denario, denominado [[bigato]] caracterizado por levar nos seus reversos unha [[biga]] ou carruaxe tirada por dous [[Cabalo|cabalos]] e conducida por unha [[Mitoloxía romana|divinidade romana]].<ref>Alfaro Asíns, C. et al. "Bigato". En ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7</ref>
 
O sestercio converteuse no transcurso do [[Século -II|segundo século a. C.]] na unidade de conta habitual, en lugar do ''[[Ás|ás libral]]''. Os gastos, os ingresos e as fortunas avaliábanse en sestercios, tanto nas [[Orzamento|contas oficiais do Estado]] romano como nas dos particulares. A data da introdución deste cambio [[Contabilidade|contable]] non foi determinada con precisión polos [[Historiografía|historiadores]], aínda que coinciden en que é algo anterior ao [[-141|141 a. C.]], partindo da inscrición do primeiro ''[[senatus consultum]]'' anotada en sestercios.<ref>Sherk, R. ''[https://trove.nla.gov.au/work/10790862?q&versionId=12597489 Roman documents from the Greek East; senatus consulta and epistulae to the age of Augustus].'' The Johns Hopkins Press. Baltimore, 1969. Páxina 49.</ref><ref>Nicolet, C. ''Censeurs et publicains, économie et fiscalité dans la Rome antique.'' Fayard, 2000. Páxinas 155-160. ISBN 2-213-60296-4</ref>