Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños varios
m →‎Política: Arranxos varios
Liña 179:
O [[poder executivo]] do Reino Unido recae no que xuridicamente denomínase ''Queen-in-Council'' ("A raíña e os seus conselleiros"), mentres que o [[poder lexislativo]] osténtao o ''Queen-in Parliament'' ("A raíña e o parlamento"). Na práctica política, o poder executivo osténtao o [[Política do Reino Unido|Goberno do Reino Unido]], co [[Primeiro ministro|Primeiro Ministro]] á cabeza, e o lexislativo, o [[Parlamento do Reino Unido]]. Baixo o réxime da devolución de poderes, certas áreas do lexislativo e do executivo foron transferidas ao [[Goberno de Escocia]]<ref>http://www.scotland.gov.uk/Home Páxina oficial do Goberno de Escocia</ref><ref>http://www.scotland.org/about/fact-file/government/index.html|título Goberno de Escocia</ref> e ao [[Parlamento escocés|Parlamento de Escocia]],<ref>http://www.scottish.parliament.uk/home.htm Páxina oficial do Parlamento de Escocia</ref> en [[Holyrood]] ([[Edimburgo]]). O Parlamento do Reino Unido, pola súa parte, mantén o seu poder sobre os [[impostos]], [[seguridade social]], [[exército]], [[relacións internacionais]], [[medios de comunicación]] e outras áreas explicitamente indicadas na ''[[Scotland Act]]'' de [[1998]] como "materias reservadas".
 
O Parlamento Escocés ten autoridade lexislativa para todas aquelas áreas relacionadas con Escocia, ata para variar levemente os [[imposto]]s, aínda que nunca exerceu dito poder. Tamén pode remitir asuntos relacionados coas competencias devoltas ao Parlamento Británico, para ser consideradas no conxunto da lexislación do Reino Unido. En determinados asuntos, a lexislación escocesa optou por solucións distintas ás adoptadas no conxunto do estado: por exemplo, a [[educación]] [[universidade|universitaria]] e os coidados para anciáns son de balde para os escoceses, mentres que no resto de Reino Unido débense pagar unhas taxas polos mesmos servizos. Escocia foi tamén o primeiro país do Reino Unido en prohibir o [[tabaco]] en espazos públicos.
 
O Parlamento Escocés é [[unicameral]], e está composto por 129 membros, 73 dos cales representan a un distrito electoral ou ''constituency'', e son elixidos polo sistema de [[escrutinio uninominal maioritario]], os restantes 56 membros son elixidos en só oito distritos electorais, mediante o sistema de representación proporcional; os cargos electos teñen unha duración de catro anos. Trala elección do Parlamento, este propón a un dos seus membros para ser nomeado [[Primeiro Ministro de Escocia]] (''First Minister of Scotland'' ou ''Prìomh Mhinistear na h-Alba'') pola Raíña. O resto dos ministros tamén son propostos polo Parlamento e aprobados pola Raíña, e forman, xunto co Primeiro Ministro, o [[Goberno de Escocia]], é dicir, o poder executivo escocés.