Educación bilingüe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 14:
O desenvolvemento de hábitos orais en dúas linguas, pero nunha lingua a nivel escrito, xeralmente a lingua dominante, coñécese como programa bilingüísta uniletrado. O que se busca é manter lazos entre a escola e a comunidade, considerando, dalgunha maneira, a lingua familiar. Por unha banda, diferénciase do programa transicional no sentido de que sempre ten presenza a lingua familiar, aínda que sexa só a nivel oral. Por outra banda, coincide con el porque os seus obxectivos están máis cerca do cambio lingüístico e cultural que do mantemento da lingua familiar.
 
Fálase de programa de bilingüismo parcial cando se dá unha repartición de contidos escolares en función da lingua. Xeralmente os contidos escolares dados na lingua minoritaria fan referencia ó seu universo cultural e étnico, mentres que os contidos propios da ciencia e da tecnoloxía son ensinados na segunda lingua ou dominante.
 
Coñécese como programa bilingüísta integral o uso das dúas linguas en todos ou case todos os graos e contidos escolares. Este programa persegue un dobre obxectivo: o bilingüismo e o biculturalismo. Pode estar claramente orientado ao mantemento da minoría lingüística. Pódese falar de programa de inmersión como sinónimo a este. A educación de inmersión consiste en programas onde a ensinanza na segunda lingua dirixida ao alumnado ten unha primeira lingua que se considera maioritaria. Trátase de educar aos nenos e nenas nesta segunda lingua en todas ou case todas as materias durante un tempo. O obxectivo é o bilingüismo ou biculturalismo: ao coñecemento da súa primeira lingua familiar e da súa cultura engaden o coñecemento doutra lingua nun proceso pouco forzado. López (1993) comenta como se iniciou o programa en Canadá e pouco a pouco foise estendendo por outros países, sufrindo adaptacións e cambios no seu deseño.
Liña 20:
Pola contra á educación integral, atópase o programa de submersión. Neste caso, trátase dunha educación na cal os nenos e nenas cunha lingua minoritaria reciben unha educación na lingua maioritaria. É dicir, é un programa onde a instrución educativa faise mediante a cultura e lingua dominante. O obxectivo consiste na adquisición, por parte do alumando, dun bo dominio da lingua maioritaria o máis cedo posible para poder traballar conxuntamente cos nenos que xa usan esta lingua. Baker e Jone (como se citou en Nispen) falan da crenza, por parte dos partidarios deste programa, de como os nenos e nenas que utilizan a lingua materna teñen un desenvolvemento moito máis lento na segunda lingua. Ningunha escola se declara explicitamente como unha escola de submersión.
 
Por último, ao contrario da educación de submersión encóntrase o programa de mantemento. A educación de mantemento destínase aos nenos e nenas das linguas minoritarias. Neste caso, na educación a lingua minoritaria ten máis importancia que a maioritaria dado que aquela posúe un prestixio moi baixo fóra da escola e, polo tanto, debe ser apoiada. Pódese denominar tamén modelo de protección da lingua. O argumento a seguir é que os alumnos e alumnos están rodeados da lingua maioritaria fóra da escola (na televisión, na radio, na rúa…) sen terse en conta a lingua minorizada. Fálase de dous obxectivos: conseguir un bilingüismo total onde as dúas linguas son tratadas e aumentar o coñecemento da historia e cultura minoritarias. Baker e Jones (como se citou en Nispen) comentan como problema do programa a falta de apoio financeiro e oficial en moitos casos.
 
== Decretos ==
Toda institución escolar debe rexirse pola lei establecida. Na actualidade, as escolas réxense polo Decreto 79/2010<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100525/Anuncio17BE6_es.html|páxina-web=|título=Decreto 79/2010|data-acceso=}}</ref>, do 30 de maio. Anterior a este estaba establecido o Decreto 124/2007<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070629/Anuncio22B3A_gl.pdf|páxina-web=|título=Decreto 124/2007|data-acceso=}}</ref>, do 28 de xuño. Observando o decreto vixente e o anterior pódense contemplar, nos artigos 6º, as seguintes diferenzas:
 
* No decreto 124/2007 establécese que as escolas deben educar aos discentes cun mínimo do 50% do currículo en lingua galega. Por unha banda, non se establece un máximo de materias a ensinar en galego, polo que se podería chegar a dar todas as materias en dita lingua. Por outra banda, o decreto obriga a impartir en galego as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural, educación para a cidadanía e dereitos humanos. Isto reflicte como aquelas materias que teñen un maior prestixio (matemáticas) deben ser ensinadas en galego obrigatoriamente.
* No Decreto 79/2010, en contraposición, establécese que só se poderá educar en galego un 50% do currículo como máximo, co fin de garantir a adquisición lingüística nas dúas linguas oficiais de Galicia. Neste caso, ademais, as linguas de prestixio como matemáticas están obrigadas a impartirse en castelán.
 
== Notas ==