Pedro Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced:

Liña 95:
O 28 de setembro de [[2016]], [[Antonio Pradas]], secretario de Política Federal do [[PSOE]], presentou na sede do partido a dimisión en bloque de 17 membros da Executiva Federal, para forzar a súa disolución, ao quedar reducida a 18 membros (38 na súa orixe) e lograr con iso a dimisión de Pedro Sánchez. Na tarde do 1 de outubro, tras rexeitar o Comité Federal a súa proposta de convocatoria dun Congreso Federal, Pedro Sánchez presentou finalmente a súa dimisión como secretario xeral do [[PSOE]] dando así paso á formación da xestora que reclamaban os seus críticos.

O 29 de outubro de [[2016]], Pedro Sánchez entregou a súa acta de deputado, deixando vacante o seu escano horas antes á votación de investidura de [[Mariano Rajoy]]. A noticia foi comunicada por el mesmo, minutos despois de entregar o acta.

Tras a perda de poder orgánico no partido, Sánchez efectuou unha xira a bordo do seu [[Peugeot]] 407 visitando militantes de base en diferentes puntos de España.​ En xaneiro de [[2017]] Pedro Sánchez anunciou a súa candidatura á secretaría xeral do [[PSOE]] para as primarias previstas para o mes de maio.

=== Volta á secretaría xeral ===
O 21 de maio de [[2017]] foi reelixido como secretario xeral do [[PSOE]] nunhas eleccións primarias fronte ás candidaturas respectivas de [[Susana Díaz]] e [[Patxi López]] obtendo máis do 50% dos votos dos militantes. Sánchez foi proclamado secretario xeral durante a celebración do 39º Congreso do partido o 18 de xuño de [[2017]].

O [[PSOE]] decidiu apoiar ao [[Goberno de España|Goberno]] na aplicación do artigo 155 da [[Constitución española de 1977|Constitución Española]] en [[Cataluña]] tras unha proclamación unilateral de independencia.

=== Moción de censura ===
A finais de maio de 2018 produciuse o fallo da [[Audiencia Nacional]] da primeira macrocausa do [[Caso Gürtel]] no que, á parte da sentenza de 351 anos acumulados de prisión para 29 dos acusados,​ sinalouse ao [[Partido Popular]] como partícipe a título lucrativo da trama, apuntándose ademais a falta de credibilidade do testemuño como testemuñas de varios políticos do PP, incluído o do presidente do Goberno, [[Mariano Rajoy]].

Tras a difusión da sentenza, o [[PSOE]] rexistrou o 25 de maio en sede parlamentaria unha [[Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018|moción de censura contra Rajoy]] presentando a Sánchez como candidato á presidencia do Goberno. A presidenta do [[Congreso dos Deputados]], [[Ana Pastor]], programou a súa celebración para os días 31 de maio e 1 de xuño.​ O 1 de xuño tivo lugar a votación, que saíu adiante con 180 votos a favor, 169 en contra e 1 abstención.
Liña 129:
=== Ligazóns externas ===
* [http://pedrosanchezcastejon.blogspot.com.es/ Blog de Pedro Sánchez]
* [http://www.youtube.com/user/sanchezpcp Canal de Pedro Sánchez] en [[Youtube]]
* [http://www.flickr.com/photos/52300048@N08/ Conta de Pedro Sánchez] en [[Flickr]]

{{sucesión | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
[[Lista de Presidentes de España|Presidente do Goberno de España]] | período = dende [[2018]] | predecesor = [[Mariano Rajoy]] | sucesor = No cargo | predecesor2 = [[Alfredo Pérez Rubalcaba]]| título2= [[Ficheiro:Logotipo del PSOE.svg|25px]]
Secretario xeral do [[PSOE]] | período2 = [[2014]] - [[2016]] | sucesor2 = {{Liñadobre|Comisión Xestora|[[Javier Fernández Fernández (político)|Javier Fernández Fernández]]}}|predecesor3 = {{Liñadobre|Comisión Xestora|[[Javier Fernández Fernández (político)|Javier Fernández Fernández]]}}| título3= [[Ficheiro:Logotipo del PSOE.svg|25px]]
Secretario xeral do [[PSOE]] | período3 = Dende [[2016]] | sucesor3 = No cargo}}

{{Control de autoridades}}