Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Liña 177:
Xa na [[Arxentina]], Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos<ref>{{cita web|url=https://cgai.xunta.gal/gl/filmes/imaxes-de-castelao-en-buenos-aires|título=Imaxes de Castelao en Buenos Aires|páxina-web=cgai.xunta.gal|dataacceso=15 de xuño de 2018|data=|lingua=}}</ref>, como o coñecido discurso ''[[Alba de Groria]]'' no [[Día da Patria Galega|día da Patria]] de 1948, pero a comezos de [[1949]] diagnostícaselle un [[cancro]] de [[pulmón]] incurable<ref>Castelao foi un fumador empedernido, como se pode comprobar en boa parte das súas autocaricaturas e nas fotografías da época. Cando comezou a manifestarse o cancro, en 1947, deixou practicamente de fumar. Segundo escribe Victoria Armesto "''A partir de entón só fumaba algún que outro cigarro ocasional, sempre ás agachadas de Virginia''" (''La Voz de Galicia'', 26 de xuño de 1984).</ref> aínda que os médicos só lle din que ten un ''"proceso infeccioso no pulmón esquerdo"'' que esixe repouso e tratamento médico. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller, e semella que el non foi consciente da inminencia da morte<ref>"''(...) os médicos e mais eu (que istamos no témero segredo da súa gravedade) vimos ocultándolle a verdade e dando azos i espranzas de que se reporá... Piadosa aititude de quen non chega a ser prenamente eficaz, pois il (¡e aínda máis, a probe Virxinia!) ten o espritu tebroso coas dúvidas e presentimentos —¡il tan agudo e tan intuitivo!— que non conquerimos barrerlle do ánemo.''" — Carta de Rodolfo Prada a Ramón Otero Pedrayo (15-V-1949).</ref>. En xuño de [[1949]] escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Buenos Aires que "''estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible''"; en decembro escribía ao seu amigo [[Manuel Roel Longueira|Manuel Roel]]: "''Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos''".
 
Castelao, recluído no seu domicilio e cada vez con maiores dores –que el describía como que "''xa está eiquí o corvo, xa está o corvo peteirando''", dedícase a preparar a edición de ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' pero só consegue ver impresas e asinar as primeiras páxinas. Finalmente, para intentar reducir as dores que sufría, os médicos deciden sometelo a unha lobotomía prefrontal.<ref>{{cita web|url=http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2656.php|título=Tres médicos escritores (II)|páxina-web=galiciadigital.com|dataacceso=20 de xuño de 2016|data=27 de maio de 2008|lingua=castelán}}</ref> O día [[2 de xaneiro]] de [[1950]] ingresárono no Sanatorio do [[Centro Gallego de Buenos Aires]], o 4 operárono pero non consegue recuperarse da operación e morre pouco antes da medianoite do [[7 de xaneiro]], sen chegar a cumprir os 64 anos. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galicia e, ademais, o escultor [[Domingo Maza]]{{Cómpre referencia}} fixolle unha mascariña da cara e un baleirado en xeso da súa man dereita <ref>{{Cita web|url=http://emigracion.xunta.es/patrimonio/centro-galicia-de-buenos-aires-culturasocial-y-deportivo/máscara-mortuoria-de-daniel-r-ca|páxina-web=Xunta de Galicia|título=Ficha de "Máscara mortuoria de Daniel R. Castelao"|urlarquivo=http://archive.is/RaHN#selection-289.0-289.50|data-acceso=26 de xuño de 2018|dataarquivo=13 de xullo de 2012}} </ref>. Foi soterrado o día 9 no cemiterio da [[Chacarita]], de Buenos Aires<ref>[http://www.centrogallegoba.com.ar/#!/centro-gallego/panteon Panteón do Centro Galego no Cemiterio da Chacarita] (Buenos Aires).</ref>, no medio de grandes mostras de solidariedade da poboación bonaerense e dos exiliados galegos, que ateigaron as rúas amosando o seu afecto polo egrexio Castelao.
 
=== A censura ===