Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Martin_Luther_King_-_March_on_Washington.jpg|dereita|miniatura|271x271px|King falando na marcha polos dereitos civís no monumento a Lincoln durante a marcha de 1963.]]
O '''Movemento polos dereitos civís nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]''' foi unha loita longa, e principalmente [[non-violencia|non-violenta]], para estender o acceso pleno ós [[Dereitos civís e políticos|dereitos civís]] e a igualdade ante a lei ós grupos que non os teñen, sobre todo ós cidadáns negros. Foron numerosos movementos a prol doutros grupos nos Estados Unidos a través do tempo, pero xeralmente úsase o termo para referirse ás loitas que tomaron lugar entre 1955 e 1968 para rematar coa discriminación contra os afroamericanos e rematar coa segregación racial, especialmente no sur dos Estados Unidos.
 
Adoita considerarse que este período comeza co boicot de autobuses de Montgomery en 1955 e remata co [[asasinato]] de [[Martin Luther King]] en [[1968]], aínda que o movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos segue de moitas formas até os nosos días.