Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios
[[Ficheiro:No_femicidio.jpg|miniatura|Memorial para unha muller morta en [[Chile]] en 2007]]
Femicidio ou '''feminicidio''' é un termo de [[crime de odio]] baseado no [[Xénero (ciencias sociais)|xénero]], amplamente definido como o [[asasinato]] de [[Muller|mulleresmuller]]es, mais as definicións varían dependendo do contexto cultural.<ref name="femicide.net">http://www.femicide.net</ref> A autora feminista [[Diana E. H. Russell]] foi unha das primeiras en usar o termo e actualmente define a palabra como "a matanza de mulleres por homes, porque elas son mulleres". Outras feministas colocan énfase na intención ou propósito do acto que está sendo dirixido ás mulleres especificamente porque son mulleres; outros inclúen a morte de mulleres por outras mulleres.<ref name="Theories of femicide">Corradi, C., Marcuello-Servos, C., Boira, S. and Weil, S. 2016 'Theories of femicide and their significance for social research', Current Sociology 64(7): 975-995. Special Issue on Femicide. DOI:10.1177/0011392115622256.</ref>
 
Moitas veces, a necesidade de definir o asasinato de mulleres separadamente do [[homicidio]] en xeral é cuestionada. Os críticos argumentan que máis do 80% de todos os asasinatos son de homes, entón o termo coloca demasiada énfase no asasinato menos prevalente de mulleres. Alén diso, o estudo do femicidio é un desafío social.<ref name="The study of femicide is a social challenge">Marcuello-Servós, C, Corradi, C., Weil, S. and Boira, S. 2016a ‘Femicide: a Social Challenge’, Current Sociology 64(7):967-974. Special Issue on Femicide. DOI: 10.1177/0011392116639358.</ref>
381.287

edicións