Omatidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro, {{cite journal → {{Cita publicación periódica (4)
Liña 1:
[[Ficheiro:Ommatidie.JPG|miniatura| Omatidio: A – córnea, B – cono cristalino, C e D – células pigmentadas, E – rabdoma, F – células fotorreceptoras, G – membrana fenestrada, H – nervio óptico.]]
[[Ficheiro:Antarctic krill ommatidia.jpg|miniatura|Omatidios dun krill.]]
Os '''omatidios'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=46592&opcion=entrada&entrada=omatidio omatidio]</ref> son as unidades das que se compón o [[ollo composto]] dos [[artrópodos]], como [[insectos]], [[crustáceos]] e [[miriápodos]]<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |pages=463–76 |doi=10.1016/j.asd.2007.09.002 |title=The fine structure of the eyes of some bristly millipedes (Penicillata, Diplopoda): Additional support for the homology of mandibulate ommatidia |year=2007 |last1=Muller |first1=C |last2=Sombke |first2=A |last3=Rosenberg |first3=J |journal=Arthropod Structure & Development |volume=36 |issue=4}}</ref> Un omatidio contén un grupo de células fotorreceptoras rodeadas por células de sostén e células pigmentadas. A parte externa do omatidio está cuberta por unha [[córnea]] transparente. Cada omatidio está inervado por un feixe de [[axón]]s (que xeralmente consta de 6 a 9 axóns, dependendo do número de rabdómeros)<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. p. 162. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>, detecta a presenza ou ausencia de luz e nalgúns casos a cor e proporciona ao cerebro un elemento ou punto da imaxe ([[píxel]]). O cerebro forma unha imaxe conxunta a partir deses elementos de imaxe independentes. O número de omatidios do ollo depende do tipo de artrópodo e pode ser de só 5, como no [[isópodo]] antártico ''[[Glyptonotus antarcticus]]'',<ref name="Meyer-Rochow 1982">{{citeCita journalpublicación periódica|last=Meyer-Rochow|first=Victor Benno| title= The divided eye of the isopod Glyptonotus antarcticus: effects of unilateral dark adaptation and temperature elevation| journal=Proceedings of the Royal Society of London| volume=B215|pages=433–450}}</ref> ou variar de só uns poucos nos primitivos ''[[Zygentoma]]'' a arredor de 30&nbsp;000 en grandes [[odonatos|libélulas]] [[Anisoptera|anisópteras]] ou nalgunhas [[avelaíña]]s [[Sphingidae|esfínxidas]].<ref>{{citeCita booklibro |last=Common |first=I. F. B. |title=Moths of Australia |publisher=Brill |year=1990 |page=15 |isbn=978-90-04-09227-3}}</ref>
 
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longos que largos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un cono ou pseudocono cristalino (poden ser de varios tipos) que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono constitúen o 10% máis externo da lonxitude de todo o omatidio.
 
O 90% máis interno do omatidio contén de 6 a 9 (dependendo da especie) [[célula fotorrecetora|células fotorreceptoras]] (retinulares) longas e delgadas no caso dalgunhas [[boolboreta]]s<ref name=briscoe2008>{{citeCita journalpublicación periódica |pages=1805–13 |doi=10.1242/jeb.013045 |title=Reconstructing the ancestral butterfly eye: Focus on the opsins |year=2008 |last1=Briscoe |first1=A. D. |journal=Journal of Experimental Biology |volume=211 |issue=11 |pmid=18490396}}</ref> a miúdo abreviadas co nome de "[[célula R|células R]]" na literatura e xeralmente numeradas, por exemplo de R1 a R9.<ref name=briscoe2008/> Estas "células R" empaquetan estreitamente o omatidio. A porción de células R no eixe central do omatidio forma unha orla de [[microvilosidade]]s, que en conxunto se denominan en cada célula '''rabdómero''', e á súa vez os rabdómeros de todas as células forman colectivamente unha especie de tubo transparente que serve de guía para a luz, chamado '''rabdoma'''. As microvilosidades do rabdoma oriéntanse perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do omatidio, e os rabdómeros de células opostas adoitan ser paralelos. O rabdoma pode estenderse ata a base do cono cristalino da parte superior do ollo (nese caso o ollo chámase ollo de aposición) ou pode estar limitado só á parte inferior do omatidio (ollo de superposición).
 
Nos [[dípteros]], o rabdoma está separado en sete rabdómeros independentes (hai en realidade oito, pero os dous rabdómeros centrais responsables da visión en cores sitúanse un enriba do outro), de modo que en cada omatidio se forma unha pequena imaxe de 7 píxeles invertida. Simultaneamente, os rabdómeros en omatidios adxacentes están aliñados de modo que o campo de visión dentro dun omatidio é o mesmo que entre omatidios. A vantaxe desta disposición é que o mesmo eixe visual é varrido desde unha área meirande dos ollos, incrementando así a sensibilidade nun factor de sete, sen incrementar o tamaño do ollo ou reducir a súa agudeza. Conseguir isto requiriu a reconexión do ollo de maneira que os feixes de axóns queden xirados 180 graos (reinvertidos), e cada rabdómero estea unido cos dos seis omatidios adxacentes que comparten o mesmo eixe visual. Así, ao nivel da lámina (o primeiro centro de procesamento óptico do [[cerebro de insecto|cerebro do insecto]]) os sinais entran exactamente da mesma maneira que no caso dun [[ollo composto]] de aposición normal, pero a imaxe é mellorada. Esta disposición visual coñécese como ''superposición neural''.<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. pp. 163-164. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>
Liña 11:
Como unha imaxe dun ollo composto se crea a partir de elementos de imaxe independentes producidos polos omatidios, é importante que os omatidios reaccionen só á parte da escena visual que está directamente diante deles. Para impedir que a luz que entra nun determinado ángulo sexa detectada polo omatidio no que entrou, ou por calquera dos omatidios veciños, existen seis [[célula pigmentada|células pigmentadas]]. As células pigmentadas tapizan o exterior de cada omatidio. Cada célula pigmentada está situada no ápice dos hexágonos e así tapiza o exterior dos tres omatidios. A luz que entra nun certo ángulo pasa a través da delgada sección transversal da célula fotorreceptora, e só hai unha pequena posibilidade de que sexa exicitada, e é absorbida pola célula pigmentada, antes de que poida entrar nun omatidio veciño. En moitas especies, en situacións de baixa intensidade luminosa, retírase o [[pigmento biolóxico|pigmento]], así que a luz que entra no ollo podería ser detectada por calquera dos varios omatidios. Isto mellora a detección de luz, pero diminúe a resolución.
 
O tamaño dos omatidios varía segundo especie, pero oscila entre os 5 e os 50 [[micrómetro]]s. Os rabdomas que conteñen poden ter unha sección transversal pequena de só 1.x micrómetros (a categoría de "pequena" asígnase nalgúns estudos cando a sección transversal é de menos de 2 micrómetros).<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |pages=147–77 |doi=10.1146/annurev.ento.42.1.147 |title=Visual Acuity in Insects |year=1997 |last1=Land |first1=Michael F. |journal=Annual Review of Entomology |volume=42 |pmid=15012311}}</ref> Unha matriz de [[microlente]]s pode considerarse como unha analoxía elemental [[biomimético|biomimética]] dun omatidio.
 
== Notas ==
Liña 19:
=== Outros artigos ===
*[[Ollo composto]]
 
 
 
[[Categoría:Ollo]]