Illas Malvinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
lonxitude (cartografía)|
Liña 111:
As Illas Malvinas teñen unha área de arredor de 12&nbsp;000 quilómetros cadrados e un litoral con preto de 1&nbsp;300 quilómetros de extensión.<ref>{{harvnb|Guo|2007|p = 112}}</ref><ref>{{harvnb|Sainato|2010|p = 157}}</ref> As dúas illas principais, [[illa Soidade]] e [[illa Gran Malvina]], e unhas 776 illas menores constitúen o arquipélago.{{sfn|Sainato|2010|p = 157}} As illas son predominantemente montañosas e accidentadas,{{sfn|Central Intelligence Agency|2011|loc = "Falkland Islands (Malvinas)&nbsp;– Geography"}} coa excepción das chairas de [[Lafonia]] (a [[península]] que forma a parte sur da illa Soidade).{{sfn|Trewby|2002|p = 79}} As Malvinas son fragmentos da [[cortiza continental]] resultantes do desmembramento do [[supercontinente]] da [[Gondwana]] e da abertura do [[Océano Atlántico|Atlántico]], que comezou hai 130 millóns de anos. As illas atópanse no Atlántico Sur, na [[plataforma continental]] da [[Patagonia]], uns 500&nbsp;km ó leste do litoral sur da [[Arxentina]].{{sfn|Klügel|2009|p = 66}}
 
As Malvinas atópanse aproximadamente na [[latitude]] {{nowrap|51°40′}}&nbsp;– {{nowrap|53°00′ S}} e [[lonxitude (cartografía)|lonxitude]] {{nowrap|57°40′}}&nbsp;– {{nowrap|62°00′ W}}.{{sfn|Guo|2007|p = 112}} As dúas illas principais do arquipélago están separadas polo [[estreito de San Carlos]]{{sfn|Hemmerle|2005|p = 318}} e os seus profundos abeiros costeiros forman portos naturais.<ref>{{harvnb|Blouet|Blouet|2009|p = 100}}</ref><ref>{{harvnb|Central Intelligence Agency|2011|loc = "Falkland Islands (Malvinas)&nbsp;– Geography"}}</ref> A [[illa Soidade]] é a sede de [[Stanley, Malvinas|Stanley]] (a capital e maior cidade),{{sfn|Guo|2007|p = 112}} da base aérea Mount Pleasant da [[Royal Air Force|Forza Aérea Real]] e do punto máis alto do arquipélago: o [[monte Usborne]] ({{lang-es|Cerro Alberdi}}), con 705 metros de altitude.{{sfn|Hemmerle|2005|p = 318}} Fóra deses asentamentos significativos está a área coloquialmente coñecida como "Camp", que é unha derivación do termo castelán para a rexión rural (campo).{{sfn|Hince|2001|loc= "Camp"}}
 
O clima das illas é [[Clima oceánico|oceánico]], frío, con moito vento e húmido.{{sfn|Klügel|2009|p = 66}} A variabilidade diaria do tempo é típica en todo o arquipélago.{{sfn|Gibran|1998|p = 16}} A choiva é común máis da metade do ano, cunha media de 610 milímetros en Stanley, e a caída esporádica de [[neve]] ocorre case todo o ano.{{sfn|Central Intelligence Agency|2011|loc = "Falkland Islands (Malvinas)&nbsp;– Geography"}} A temperatura fica, xeralmente, entre 21,1 e -11,1&nbsp;°C en Stanley, mais pode variar de 9&nbsp;°C no inicio do ano para -1&nbsp;°C en xullo.{{sfn|Gibran|1998|p = 16}} Son comúns os fortes ventos vidos do oeste e os ceos nubrados.{{sfn|Central Intelligence Agency|2011|loc = "Falkland Islands (Malvinas)&nbsp;– Geography"}} A pesar das numerosas tempestades rexistradas mensualmente, as condicións climáticas son normalmente calmas.{{sfn|Gibran|1998|p = 16}}