República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
goberno
Elisardojm (conversa | contribucións)
lonxitude (cartografía)|
Liña 183:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Smrk a rameno Šance 1.jpg|miniatura|esquerda|220px|Presa de Šance Dam na cordilleira dos Beskides moravo-silesios.]]
A República Checa atópase aproximadamente situada entre as [[latitude]]s 48° e 51° N ([[norte]]), e [[lonxitude (cartografía)|lonxitude]]s 12° e 19° E ([[leste]]); sen costa e estratexicamente situado sobre algunhas das rutas terrestres máis antigas e significativas de [[Europa]]. Está formada polas rexións tradicionais de [[Bohemia]] e [[Moravia]], así como por unha pequena parte de [[Silesia]]. Ten unha superficie de 78.866 km², dúas veces e media [[Galicia]].
 
A paisaxe da República Checa é moi variada. [[Bohemia]], ao [[oeste]], é unha [[conca hidrográfica|conca]] drenada polos [[río Elba|ríos Elba]] e [[río Moldava|Moraba]], cercada por de montes baixos, entre os cales se atopa o punto máis alto do país, o [[Sněžka|monte Sněžka]] con 1.601 [[msnm]]. Fálase do ''cuadrilátero de Bohemia'' en referencia a este altiplano rodeado de [[montaña]]s: os montes [[Sudetes]], montes Metálicos (''Erz Gebirge''), os montes Xigantes (''Risen Gebirge'') e a selva de Bohemia, que formaban historicamente a fronteira natural dos chamados ''[[Países Checos]]''. Só a fronteira sueste do país carece de cadeas montañosas. O punto máis baixo é a saída do [[río Elba]] do territorio checo.