Mebyon Kernow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Correccións da lingua
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-Ademáis +Ademais)
Liña 13:
En setembro de 1951 rexistraríase como un partido político partidario do autogoberno córnico.
== Desenvolvemento ==
Durante as dúas primeires décadas, non pasou de ser un pequeno grupo de entusiastas. Aínda así, Helena Charles, que deixa de ser a secretaria en 1954 en favor de [[Cecil Beer]], obtén en 1953 un escano no concello de [[Camborne-Redruth]]. AdemáisAdemais, dende 1956 os militantes Helena Charles e P. Pool organitarán campamentos córnicos para dar a coñecer á xuventude a lingua perdida, coa gramática ''Cornish for beginners''. Malia isto, en [[1960]] o Mebyon Kernow tan só acadara un centenar de militantes.
 
Nas eleccións locais de 1970 o Mebyon Kernow tan só obtén o 2 % dos votos e unha certa representación a nivel local, grazas ó feito de que en 1971 chegaría ó milleiro de militantes baixo o liderado de [[Len Truran]] e [[Richard Jenkin]], que se presentaran ás xerais de 1970. Pero o 25 de maio de 1975 un membro do MK, [[James Whetler]], que se presentara ás xerais de 1974 por Truro, abandona o partido para fundar un novo grupo, o ''Party Kenethlegk Kernow'' ou ''Cornish National Party'', máis radical, máis influenciado polo [[SNP]] e membro da [[Liga Céltica]] con outros grupos escoceses, galeses, bretóns e irlandeses.