Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4773512 de CommonsDelinker (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Elisardojm (conversa | contribucións)
m lonxitude>lonxitude (cartografía) (via JWB)
Liña 111:
A [[superficie]] total do Reino Unido é de aproximadamente 243.610 [[quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]],<ref>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/uk.html Reino Unido, ''[[The World Factbook]]'']</ref> ocupando a meirande parte do [[arquipélago]] das [[Illas Británicas]], incluíndo a [[illa de Gran Bretaña]], un sexto da [[illa de Irlanda]], ao nordeste da mesma, xunto con outras illas próximas de menor tamaño. Está situado entre o [[Océano Atlántico|océano atlántico norte]] e o [[Mar do Norte]], a 35 [[quilómetro|km]] da costa norte de [[Francia]], da cal está separada pola [[Canle da Mancha]]. No ano [[1993]] o 10% da superficie do Reino Unido estaba cuberta por [[Fraga (botánica)|fragas]], o 46% por [[pasto]]s e o 25% era de uso [[agricultura|agrario]].
 
O Reino Unido atópase entre as [[latitude]]s 49° e 61° [[norte|N]], e [[lonxitude (cartografía)|lonxitude]]s 9° [[Oeste|W]] e 2° [[Leste|E]]. O ''Royal Greenwich Observatory'', situado preto da cidade de [[Londres]], é o punto definitorio do [[Meridiano de Greenwich]]. En canto a fronteiras terrestres, [[Irlanda do Norte]] limita durante 360 quilómetros coa [[República de Irlanda]]. A lonxitude (cartografía)|lonxitude da costa de Gran Bretaña é de 17.820 quilómetros. Esta illa está conectada con [[Europa]] continental grazas ao [[Eurotúnel]], que parte de Folkestone (preto de [[Dover]]) até chegar a Coquelles (preto de [[Calais]]), esta obra de enxeñaría ten unha lonxitude (cartografía)|lonxitude de 50&nbsp;km, 38 deles baixo a auga, que fan que sexa o túnel submarino máis longo do mundo.
 
[[Inglaterra]] representa máis da metade da superficie total do Reino Unido, abarcando 130.395 quilómetros cadrados. A maioría do país está formado por terras baixas, con areas montañosas cara ao noroeste, incluíndo as montañas de [[Cumbria]] do Lake District, os [[Peninos]] e os outeiros de [[calcaria|pedra calcaria]] do Peak District, Exmoor e Dartmoor. Os principais ríos e esteiros son o [[río Támese|Támese]], o [[río Severn|Severn]] e o [[río Humber|Humber]]. A montaña máis alta de Inglaterra é o Scafell Pike (978 [[msnm]]) no Lake District. Outros ríos importantes son o Tees, o Tyne, o Tweed, o Avon, o Exe e o Mersey.