Viladequinta, Carballeda de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m ademáis->ademais
XoseBot (conversa | contribucións)
m isto, iso, etc.
Liña 17:
Podemos distinguir dúas zonas principalmente dentro desta aldea delimitadas fundamentalmente pola división da estrada, así podemos falar do barrio de abaixo e barrio de arriba. Debemos destacar a presenza da "fonte" que serve para os habitantes da aldea tanto para poder lavala súa roupa ser necesidade de electrodomésticos e ademais proporcionalles auga potable. A zona de recreo é o chamado "toural", que é onde se celebran as festas e onde os nenos xogan. O lugar onde os veciños se xuntan para falar e xogar as cartas é o bar "muralla" que é o único que hai na actualidade.
Como é costume nas poboacións, Viladequinta posúe a súa propia igrexa, que se atopa alexada do núcleo urbanistico aproximadamente uns 300m. Esta pequena igrexa posúe unha capacidade dunhas 70 persoas. Está rodeada polo seu propio cemiterio.
Os últimos 20 anos foron moi dinamicos no seo da aldea. Pasouse de ter tres bares a só haber un. O porcentaxe de casas deshabitadas crece pero tamén podemos destacar que se están a rehabilitar algunhas das casas antigas e tamén a construción de outras. Pero a dependenza do traballo na lousa, sendo un empleo no que se traballan moitas horas e o saldo non é moi lúcido, provoca que a xuventude opte por desplazarse a núcleos urbanos máis grandes, en busca de traballo máis rentable, e tamén recurren ós estudios universitarios ou superiores á ensinanza media, que lles proporciona un mellor curriculum e consecuentemente un mellor traballo. No plano de estuios a nivel de primaria e secundaria, no pasado había unha pequena escola á que acudían nenos e nenas de pobos cercanos. Nesa escola so se impartía o que antes se consideraba o EXB. Na actualidade estoisto xa non é así, xa que esta escola xa non existe como tal, e os nenos precisan acudir ó Barco de Valdeorras ou a Sobradelo para efectuar os seus estudos obrigatorios.
É tamén interesante destacar que o nome de Viladequinta, é un nome de procedencia latina, debido a un antigo asentamento de quintos romanos.