Mar Vaamonde García: Diferenzas entre revisións

mestra galega
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Mar Vaamonde García nada o 28 de xaneiro de 1976 é mestra diplomada en maxisterio nas especialidades de Audición e Linguaxe e Educación física pola Universidade de A Coruña...."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2018 ás 15:05

Mar Vaamonde García nada o 28 de xaneiro de 1976 é mestra diplomada en maxisterio nas especialidades de Audición e Linguaxe e Educación física pola Universidade de A Coruña. Licenciada igualmente en Psicopedagoxía pola mesma Universidade.

A súa andaina profesional está moi marcada polas TIC e TAC:

  • Elaborou un completo recurso flash "Rutinas de infantil" que foi moi empregado nos centros educativos galegos.
  • Foi membro de EDIGA, unha asocación e á súa vez punto de encontro onde atopar información, ver o que fan compañeiros e compañeiras doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación sobre o uso do Encerado Dixital Interactivo.
  • No curso 2009/10 o seu traballo no seu centro foi merecedor dun dos Proxectos TIC que a Consellería de Educación otorgou a centros senlleiros no uso das TIC e TAC.
  • Impartiu cursos ao profesorado galego relacionados co uso do encerado dixital interactivo como recurso didáctico.

É asesora en tecnoloxías de información e comunicación no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) dende xaneiro de 2012 e nos cursos 2013/14 e 2014/15 exerceu a xefatura do devandito departamento.