José Luis Pensado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
Era membro correspondente da [[Real Academia Galega]] desde [[1967]] e académico de honra da mesma desde [[1984]]; co mesmo rango o era da [[Academia de la Llingua Asturiana]] desde [[1982]].
 
== O labor investigador de Pensado Tomé ==
A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado, coñecedor das dimensións e da importancia que tiña a obra do monxe beneditino galego [[Martín Sarmiento]] (1694-1772)para coñecer a historia da lingua galega (na súa maior parte inédita ou mal editada), emprendeu a tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse coa non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei [[José Sobreira Salgado]] (1746-1805), máis tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaron así accesíbeis de aí en adiante a estudosos e afeccionados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado español en xeral e galego en particular. Ese interese do prof. Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o do [[bachiller Olea]] ([[1536]]) e algúns anónimos de comezos do [[século XIX]].