Sociedad Española de Ornitología: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m Arranxiño
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2012}}
[[Ficheiro:Bannerseo.gif|miniatura|Imaxes da asociación.]]
A '''Sociedad Española de Ornitología''' ('''SEO''', na actualidade '''SEO/BirdLife''') é unha [[ONG|organización non gobernamental]] de utilidade pública que ten como principais obxectivos a conservación e o estudo das [[aves]] e os seus hábitats. Está inscrita como [[ONGD]] na [[AECID]]. Actualmente conta con máis de 11.000 socios e uns 5.000 voluntarios. Os seus socios máis activos agrúpanse nos denominados Grupos Locais dos que na actualidade existen 32 repartidos por toda España. A sede central está situada en [[Madrid]] e ademais existen delegacións en [[Aragón]], [[Andalucía]], [[Canarias]], [[Cantabria]], [[Cataluña]], [[Estremadura]] e na [[Comunidade Valenciana]], ademais de oficinas en [[Doñana]] e no [[Delta do Ebro]].
 
SEO/BirdLife, é a ONG conservacionista máis antiga de [[España]] con máis de 50 anos de experiencia na defensa e estudo das aves e dos seus hábitats. Foi fundada o [[15 de maio]] de [[1954]] no [[Museo de Ciencias Naturais de Madrid]] cun núcleo fundador formado por 85 persoas. Desde o seu comezo SEO/BirdLife publicou unha [[revista científica]] semestral, ''[[Ardeola (revista)|Ardeola]]'', e en [[1957]] creou un ''Centro de Migración de Aves''. Tamén conta cunha revista trimestral, ''La Garcilla'' que reciben todos os seus socios. Forma parte de cinco grandes ONG ambentalistas de España xunto con [[Greenpeace]], [[Fondo Mundial para a Natureza|WWF]], ''[[Amigos de la Tierra]]'' e ''[[Ecologistas en Acción]]''.