Especie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 30:
O vocábulo especie alude a tres conceptos distintos aínda que relacionados: o ''rango especie'', que é o nivel máis básico da [[taxonomía de Linneo]]; os ''taxons especie'', que son un grupo de organismos descritos e asignados á categoría especie, e as ''especies biolóxicas'' que son entes capaces de evolucionar. Respecto a isto, cómpre dicir que a idea de «evolución» xa se atopaba na antigüidade clásica. Así, [[Anaximandro]] afirma que as primeiras criaturas xurdirían da auga para pasar á terra, mentres que [[Empédocles]] asegura que eran partes separadas que, nun momento dado, chegaron a xuntarse, o que lembra a teoría da [[simbioxénese]].<ref name="Kirk1">{{Cita libro |apelidos1= Kirk |nome1= Geoffrey |apelidos2= Raven |nome2= John |apelidos3= Schofield |nome3= John |título= The Presocratic Philosophers: A Critical History with a Selection of Texts |edición=3.ª|editorial= [[The University of Chicago Press]] |lugar= Chicago |ano= 1984 |isbn= 0-521-27455-9 |páxinas=100-142}}</ref><ref name="Kirk2">{{Cita libro |apelidos1= Kirk |nome1= Geoffrey |apelidos2= Raven |nome2= John |apelidos3= Schofield |nome3= John |título= The Presocratic Philosophers: A Critical History with a Selection of Texts |edición=3.ª|editorial= The University of Chicago Press |lugar= Chicago |ano= 1984 |isbn= 0-521-27455-9 |páxinas=280-321}}</ref> [[Marcus Tullius Cicero|Cicero]] escolleu o vocábulo latino ''species'' ("aspecto característico, forma") para traducir a expresión grega ἰδέα, idéa, ("aspecto, aparencia, forma"), ​ relacionado con εῖδος, ''eîdos'' ("vista, visión, aspecto"), vocábulo platónico cargado de connotacións dialécticas e lóxicas.
 
Non obstante, para o biólogo [[Ernst Mayr]], foi [[Platón]] "o grande antiheroe do evolucionismo" a causa da súa crenza no [[mundo das Ideas]].<ref>{{Harvnb |Mayr|1982| p= 304}}</ref> [[Aristóteles]], en cambio, mantívose nunha posición ambigua: achegou o que el consideraba probas dunha [[Teoría da xeración espontánea|xeración espontánea]] mais falou dunha "causa final" de toda especie,<ref>{{Cita web |apelidos=Boylan |nome=Michael |título=Aristotle: Biology |paxinapáxina-web=Internet Encyclopedia of Philosophy |url=http://www.iep.utm.edu/aris-bio/ |dataacceso=25 de setembro de 2011}}</ref> a súa entelequia, e rexeitou explicitamente a idea de Empédocles que dicía que as criaturas viventes foran orixinadas por casualidade.<ref>{{Cita web |apelidos=Hardie |nome=R. P.|nome2= R. K.|apelidos2= Gaye |título=Physics by Aristotle |url= http://classics.mit.edu/Aristotle/physics.2.ii.html |dataacceso=15 de xullo de 2008}}</ref> [[Zenón de Citio]], segundo Cicero, seguiu nesta liña.
 
Dos datos que achega [[Lucrecio]], extráese que [[Epicuro]] se anticiparía á lei da [[selección natural]].<ref name="De Natura Deorum">Cicero. ''De Natura Deorum'', 2.22. Loeb Classical Library. [[Harvard University Press]], 1956, p. 179.</ref> O degradacionista [[Agostiño de Hipona]] di en cambio que o libro da [[Xénese]] debe interpretarse e non se ten que supor que Deus crease as especies que se ven agora coas súas imperfeccións. Este feito e o proceso contra [[Galileo]] foi clave, séculos máis tarde, na rápida aceptación pola [[Igrexa católica]] da [[teoría da evolución]]. Durante a Idade Media, nunha época de indeterminación fomentada pola inestabilidade política, confundíronse frecuentemente os vocábulos "especie" e "xénero". Isto podería xustificarse en base ao texto da [[Vulgata]]: