Molucas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
→‎Historia: ligazón interna
Liña 52:
Antes do século XV, indios, árabes e chineses chegaron a estas illas en busca das especias que, case exclusivamente, abastecían ao mundo. En [[1511]], os portugueses chegaron ás súas costas e estableceron a súa primeira fortaleza na illa de Ternate e comezaron co monopolio do envío a Europa das especias.
 
No ano [[1519]] [[Fernão de Magalhães]] comeza a aventura de chegar ás Molucas, situadas máis aló do límite do [[Tratado de Tordesillas]], tratando de demostrar que estas illas pertencían a [[Castela]] e non a [[Portugal]]. En [[1521]], Magallanes cruzou o paso interoceánico que leva o seu nome, no extremo sur de [[América]] e tomou camiño cara ao noroeste. A expedición foi tocando terra en varias das illas das hoxe coñecidas como [[Filipinas]]. En moitas delas enfrontándose cos indíxenas. Nun deses enfrontamentos morreu Magallanes e o seu segundo, [[Juan Sebastián Elcano]] conseguiu completar a viaxe, chegando ás illas Molucas a fins de 1521, e volver a [[España]] desde as illas, en [[1522]], logo de dar a volta ao mundo navegando sempre cara ao oeste, sen atravesar os territorios dominados por Portugal. Tempo despois Elcano regresou ás Molucas, acompañando á [[expediciónExpedición de García Jofre de LoaisaLoaísa]], o novo Capitán Xeral e Gobernador das Molucas. Os españois crearon un forte na illa de [[Tidore]].
 
Con todo, [[Portugal]], que tiña posesións próximas ás Molucas, seguiu insistindo en que lle pertencían segundo o acordado no [[Tratado de Tordesillas]] de [[1494]]. Para reafirmar as súas pretensións, [[España]] enviou unha forte expedición militar á zona en [[1542]]. En [[1606]] España captura a fortaleza portuguesa de [[Ternate]].