Batalla de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Segunda Guerra Mundial
arranxo
Liña 15:
 
== Situación ==
Trala rendición de [[Francia]] e a [[batalla de Dunquerque|evacuación de Dunquerque]] de forzas anglofrancesa, a guerra na [[Europa]] continental rematara, e só quedaba o [[Reino Unido]] para facer fronte ó [[Pontencias do Eixe|Eixe]]. A [[Alemaña]] nazi quería chegar a un armisticio cos británicos, e había nas illas unha certa tendencia a non arrisca-la soberanía nunha longa guerra contra o aparentemente invencible réxime nazi, sobre todo polo recordo da [[primeira guerra mundial]]. Mais [[Winston Churchill]], primeiro ministro británico, negouse tallantemente a chegar a unha paz que permitise a [[Alemaña]] asoballar a [[Inglaterra]] en calquera momento, e as preparacións da invasión de [[Gran Bretaña]] comenzaron no estado maior alemán.
 
Para invadir Gran Bretaña, Alemaña tiña que asegura-los mares destruíndo a inmensa frota do Imperio Británico, e para destruí-la frota primeiro tiña que asegurarse a superioridade aérea, e polo tanto aniquilar ás forzas aéreas e as industrias que as nutrían de avións. Alemaña tamén quería bombardear obxectivos estratéxicos para así mina-la moral do pobo británico, seguindo as teorías de "bombardeo estratéxico" que puxera en práctica durante a [[guerra civil española]] e a [[invasión de Polonia]].