Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 74:
 
O valido tentou impoñer as leis e costumes castelás no seu propósito de unir a monarquía hispánica nunha comunidade nacional, cunha fiscalidade, [[Administración pública|administración]] e [[dereito]] comúns. Pero non alcanzou o seu propósito debido á oposición da nobreza ás novas propostas do valido.
===== Moral pública =====
 
Para iso loitou contra a corrupción do reinado anterior. Ordenou encerrar ao [[Ducado de Uceda|duque de Uceda]] e ao duque de Osuna, confiscou os bens do [[Ducado de Lerma|duque de Lerma]] e someteu a [[Rodrigo Calderón]] a un xuízo no cal se decretou a súa execución.
 
Mediante un decreto obrigou a facer un inventario da fortuna daquelas persoas que desempeñasen cargos públicos e de relevancia. Para controlar este decreto formou a Xunta de Reformación, que máis tarde se encargaría de velar pola vida pública dos cidadáns.
 
Un dos aspectos que se aplicou con maior transcendencia foi o aumento da demografía española; para iso o conde-duque prohibiu a [[emigración]] e favoreceu a [[inmigración]] e as [[Familia numerosa|familias numerosas]].
 
Para favorecer a educación dos españois, mandou construír o Colexio Real de Madrid en [[1629]] e outras institucións, dirixidas principalmente por [[xesuítas]].
 
Dentro desta dinámica de reforma da moral, dúas pragmáticas tomadas por Filipe IV no século {{Versaleta|xvii}}, nun ambiente de «reformación dos costumes», pretenderon de súpeto abolir a [[prostitución]] en todos os territorios da monarquía.
 
== Nupcias e descendentes ==