Pedro Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 86:
Avogou pola reforma da [[Constitución española de 1978|Constitución]], propoñendo un modelo federal para España, así como volver cambiar o seu artigo 135. A Podemos acusouno en numerosas ocasións de populista, para na actualidade criticar o seu "oportunismo ideolóxico".
 
O día [[21 de xuño]] de [[2015]] proclámase oficialmente candidato á presidencia do [[Goberno de España]]. Incorporou ás súas listas a independentes como a militar [[Zaida Cantera]] ou a ex-membro de [[UPyD]] [[Irene Lozano]]. Para o seu programa económico, recuperou a [[Jordi Sevilla]].
 
Tras as [[Eleccións Xerais de España de 2015|eleccións xerais]] celebradas o 20 de decembro de [[2015]], nas que o [[PSOE]] foi segunda forza política en número de deputados, con 90 escanos, Sánchez foi proposto por [[Felipe VI]] como candidato a ser investido presidente do Goberno o 2 de febreiro de [[2016]].​ O 24 de febreiro o [[PSOE]] alcanzou un acordo con [[Cidadáns - Partido da Cidadanía|Ciudadanos]], que obtivera 40 deputados nas eleccións, para investir a Sánchez.​ A investidura foi rexeitada definitivamente no [[Congreso dos Deputados|Congreso]] en segunda votación o 4 de marzo, con 131 votos a favor (PSOE, Ciudadanos e [[Coalición Canaria]]) e 219 votos en contra (o resto de deputados). Tratouse da primeira vez no actual período democrático que o candidato á presidencia do Goberno fracasaba e non lograba a confianza do Congreso na segunda votación de investidura.
O [[1 de outubro]] de [[2016]] anuncia a súa dimisión despois dunha votación celebrada no Comité Federal do PSOE na que se decidía se se levaba a cabo unha proposta de Pedro Sánchez de celebrar un Congreso Extraordinario en decembro de 2016. O 30 de setembro anunciara que se os resultados eran desfavorables á mencionada proposta, dimitiría como Secretario Xeral do PSOE. Finalmente, así foi e Sánchez oficializou a súa renuncia. O mencionado Comité anuncia entón unha Comisión Xestora do partido encabezada por [[Javier Fernández Fernández (político)|Javier Fernández]].
 
Foi tamén candidato á [[Presidencia do Goberno de España|Presidencia do Goberno]] nas [[Eleccións Xerais de España de 2016|eleccións]] do 26 de xuño de [[2016]]. A candidatura do [[PSOE]] obtivo o seu mínimo histórico dende a restauración da democracia, con 85 deputados (84 do PSOE e un de [[Nueva Canarias]]). Tras o pacto do [[Partido Popular]] con [[Cidadáns - Partido da Cidadanía|Ciudadanos]] para a investidura de [[Mariano Rajoy]], repetiu reiteradas veces que votaría «non» e non se abstería para permitir un goberno do [[PP]]. Tras a investidura errada de Rajoy, pediu ás «forzas do cambio» ([[Podemos]] e [[Cidadáns - Partido da Cidadanía|Ciudadanos]]) que permitisen un goberno alternativo ao PP.
{{Desactualizado}}
 
== Crise do PSOE e defenestración ==
O 28 de setembro de [[2016]], [[Antonio Pradas]], secretario de Política Federal do [[PSOE]], presentou na sede do partido a dimisión en bloque de 17 membros da Executiva Federal, para forzar a súa disolución, ao quedar reducida a 18 membros (38 na súa orixe) e lograr con iso a dimisión de Pedro Sánchez. Na tarde do 1 de outubro, tras rexeitar o Comité Federal a súa proposta de convocatoria dun Congreso Federal, Pedro Sánchez presentou finalmente a súa dimisión como secretario xeral do [[PSOE]] dando así paso á formación da xestora que reclamaban os seus críticos.
 
O 29 de outubro de [[2016]], Pedro Sánchez entregou a súa acta de deputado, deixando vacante o seu escano horas antes á votación de investidura de [[Mariano Rajoy]]. A noticia foi comunicada por el mesmo, minutos despois de entregar o acta.
 
Tras a perda de poder orgánico no partido, Sánchez efectuou unha xira a bordo do seu [[Peugeot]] 407 visitando militantes de base en diferentes puntos de España.​ En xaneiro de [[2017]] Pedro Sánchez anunciou a súa candidatura á secretaría xeral do [[PSOE]] para as primarias previstas para o mes de maio.
 
== Volta á secretaría xeral ==
O 21 de maio de [[2017]] foi reelixido como secretario xeral do [[PSOE]] nunhas eleccións primarias fronte ás candidaturas respectivas de [[Susana Díaz]] e [[Patxi López]] obtendo máis do 50% dos votos dos militantes. Sánchez foi proclamado secretario xeral durante a celebración do 39º Congreso do partido o 18 de xuño de [[2017]].
 
O [[PSOE]] decidiu apoiar ao [[Goberno de España|Goberno]] na aplicación do artigo 155 da [[Constitución española de 1977|Constitución Española]] en [[Cataluña]] tras unha proclamación unilateral de independencia.
 
== Moción de censura ==
A finais de maio de 2018 produciuse o fallo da [[Audiencia Nacional]] da primeira macrocausa do [[Caso Gürtel]] no que, á parte da sentenza de 351 anos acumulados de prisión para 29 dos acusados,​ sinalouse ao [[Partido Popular]] como partícipe a título lucrativo da trama, apuntándose ademais a falta de credibilidade do testemuño como testemuñas de varios políticos do PP, incluído o do presidente do Goberno, [[Mariano Rajoy]].
 
Tras a difusión da sentenza, o [[PSOE]] rexistrou o 25 de maio en sede parlamentaria unha [[Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018|moción de censura contra Rajoy]] presentando a Sánchez como candidato á presidencia do Goberno. A presidenta do [[Congreso dos Deputados]], [[Ana Pastor]], programou a súa celebración para os días 31 de maio e 1 de xuño.​ O 1 de xuño tivo lugar a votación, que saíu adiante con 180 votos a favor, 169 en contra e 1 abstención.
 
== Presidente do Goberno ==
[[Felipe VI]] dispuxo o nomeamento de Sánchez como [[Presidencia do Goberno de España|presidente do Goberno]] por [[real decreto]] do 1 de xuño. Sánchez prometeu o seu cargo ante o monarca ao día seguinte no [[Palacio da Zarzuela]], fronte a un exemplar da [[Constitución española de 1977|Constitución]]. Optou por facelo sen símbolos relixiosos despois de que a Casa do Rei acordase en xullo de 2014 dar a opción aos altos cargos de xurar ou prometer con ou sen a [[Biblia]] e a cruz, sendo o primeiro presidente de Goberno do actual período democrático en optar por iso. Os 17 integrantes do seu novo consello de ministros tomaron posesión o día 7 de xuño.​ Sánchez nomeou como director do Gabinete da Presidencia do Goberno (xefe do seu gabinete) a [[Iván Redondo]].
 
== Cargos desempeñados ==