Cafeína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: lv:Kofeīns, sr:Кофеин
+ ligazóns internas
Liña 3:
[[Image:Caffeine.svg|thumb|right|165px|Fórmula química da cafeína]]
 
A '''cafeína''' é un composto [[alcaloide]] (do grupo das [[metilxantina|xantinas]]) que actúa como [[estimulante]] nos humanos. A cafeína é o mesmo composto químico que a '''[[guaranina]]''' (chamada así pola ''[[guaraná]]''), a '''[[mateína]]''' (polo [[mate]]) e a '''[[teofilina]]''' (polo [[]]). Orixinalmente se pensaba que estas substancias tiñan diferencias químicas, pero despois descubríuse que son idénticas.
 
A cafeína encóntrase principalmente nos froitos da planta do [[café]], na planta de [[]], na herba [[mate]] e nas baias de [[guaraná]]. En pequenas cantidades pódese atopar no [[cacao]] e na noz de [[cola]]. En xeral, a cafeína encóntrase nas sementes, follas, e froitos de máis de 60 plantas, nas que actúa como un [[pesticida]] natural que mata certas clases de [[insecto]]s cando se alimentan desta.
 
É un estimulante do [[sistema nervioso central]], polo que pode combater a somnolencia e restaurar o nivel de alerta. As bebidas que conteñen cafeína, como o café, té, refrescos de cola e bebidas enerxéticas, teñen unha gran popularidade: a cafeína é a substancia psicoactiva máis amplamente consumida no mundo. En [[Estados Unidos|Norteamérica]], o 90% dos adultos consome cafeína tódolos días.