Sunrise: A Song of Two Humans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de es.wiki e en.wiki
Liña 30:
 
Na enquisa de [[2012]] realizada por ''[[Sight and Sound]]'' do [[British Film Institute]], [[Crítica cinematográfica|críticos de cinema]] votárona como o quinta mellor filme.<ref>{{cita novas|título=Sight & Sound Revises Best-Films-Ever Lists|url=http://www.studiodaily.com/2012/08/sight-sound-revises-best-films-ever-lists/|dataacceso=1 de agosto de 2012|xornal=studiodaily|data=1 de agosto de 2012}}</ref>
 
== Argumento ==
Unha familia rural, formada por un matrimonio cun neno de pouca idade, ve transformada a súa vida coa chegada á aldea en que viven dunha sofisticada muller de cidade que vai pasar as vacacións. O campesiño namórase dela e obsesiónase tanto que descoida os seus labores e a súa familia, gasta diñeiro, arruína a granxa e a xente comeza a darse de conta. Con todo, o peor vén cando a muller lle pide que se desfaga da súa dona para poder marchar con ela á cidade. O home decide planear todo para cumprir os plans da súa amante, simulando un accidente coa barca no medio do lago no que afogará a súa esposa.
 
Cando chega o momento do asasinato non é quen de facelo e leva a barca á beira do lago. A súa muller, horrorizada, foxe e el séguea ata a cidade implorando o seu perdón. Entran nunha igrexa en que se está a celebrar unha voda e renovan os seus votos matrimoniais. Ela perdónao e pasan o día na cidade como se acabasen de casar. Pola noite volven á casa atravesando o lago cando se inicia unha terrible tormenta e o home, pensando só na salvación da súa esposa, átalle uns feixes de xuncos á cintura, pensados orixinariamente para salvarse el no seu esquecido plan criminal, antes de que a barca afunda.
 
== Elenco ==
{{div col}}
* [[George O'Brien (actor)|George O'Brien]] como O home
* [[Janet Gaynor]] como A esposa
* [[Margaret Livingston]] como A muller da cidade
* [[Bodil Rosing]] como A serventa
* [[J. Farrell MacDonald]] como O fotógrafo
* [[Ralph Sipperly]] como O barbeiro
* [[Jane Winton]] como A rapaza da manicura
* [[Arthur Housman]] como Cabaleiro arrogante
* [[Eddie Boland]] como Cabaleiro amable
* [[Sally Eilers]] como Muller no salón de baile (sen acreditar)
* [[Gino Corrado]] como Xerente do salón de peiteado (sen acreditar)
* Thomas Jefferson como Vello mariño (sen acreditar)
* [[Herman Bing]] como Condutor do tranvía (sen acreditar)
* [[Gibson Gowland]] como Condutor furioso (sen acreditar)
{{col div end}}
 
== Estilo ==
''Sunrise'' foi dirixida por [[F. W. Murnau]], director alemán que fora unha das principais figuras do [[expresionismo alemán]], estilo que emprega deseños distorsionados para efectos simbólicos. Murnau foi invitado por [[William Fox (produtor)|William Fox]] para realizar un filme expresionista en Hollywood. O filme resultante inclúe escenarios estilizados que crean un mundo esaxerado de conto de fadas; só a construción das rúas da cidade costaron máis de 200&nbsp;000 dólares e foi empregado despois en moitas producións da Fox, como ''[[Four Sons]]'', de [[John Ford]] (1928).<ref>Gallagher, Tag ''John Ford: The Man and his Films'' (University of California Press, 1986), p.55</ref> Gran parte da rodaxe de exteriores tivo lugar en [[Lake Arrowhead, California]].
 
Chea de innovacións cinemáticas, a innovadora fotografía (de [[Charles Rosher]] e [[Karl Struss]]) foi loada particularmente polos [[travelling]]s. Os intertítulos aparecen moderadamente, con longas secuencias de acción pura e o groso da historia contada co estilo de Murnau. O extenso uso da [[perspectiva]] forzada é sorprendente, especialmente nas escenas da cidade, con xente de estatura media e decorados de tamaño normal en primeiro plano e figuras máis baixasa en escenarios máis pequenos no fondo.
 
As personaxes non teñen nome, proporcionándolles unha universalidade simbólica.<ref>[[Molly Haskell]], ''[[From Reverence to Rape: The Treatment of Women in the Movies]]'' páx. 46 {{ISBN|0-03-007606-4}}</ref> [[Veit Harlan]] comparouno co [[remake]] alemán ''[[Die Reise nach Tilsit]]'' (1939), indicando que o simbolismo de ''Sunrise'' convertíao nun poema, mentres que o realista ''Die Reise nach Tilsit'' era un filme.<ref>Cinzia Romani, ''Tainted Goddesses: Female Film Stars of the Third Reich'' p86 {{ISBN|0-9627613-1-1}}</ref>
 
== Notas ==